fotocondución

fotocondución

(< foto- + conducción)

s f [FÍS]

Efecto fotoeléctrico interno dun sólido ou dun líquido. Caracterízase pola variación da resistividade do corpo cando se expón a unha radiación electromagnética. Tamén recibe o nome de efecto fotocondutor.