"Martin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 595.

  • PERSOEIRO

    Cantante. Debutou con sete anos nun tablao flamenco e dedicouse por completo ao mundo da copla e do folclore. Da súa discografía destacan Que dile y dile (1975), Marinero de luces (1985), Se me enamora el alma (1989), Amor eterno (1996) e Buena suerte (2004). Ademais, protagonizou as películas Yo soy esa (1990) e El día que nací yo (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo inglés. Formado na Manchester Polytechnics (1970-1973), a partir de 1988 entrou a formar parte da axencia Magnum, da que é membro corporativo desde 1994. Internacionalmente recoñecido polos seus innovadores puntos de vista nos traballos de carácter social, ilustrou numerosos libros e a súa obra expúxose en Londres, Nova York, Oslo e París, así como na Fotobienal de Vigo (1988 e 1990). Editou numerosos catálogos e as obras Home, sweet home (1974), Benidorm (1997) e Souvenir of Maroc (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Teórico do denominado nuevo cine español, realizou desde esta corrente Nueve cartas a Berta (1966, Concha de Plata en Donosti) e Del amor y otras soledades (1969). Posteriormente dirixiu Caudillo (1977), Los paraísos perdidos (1985), Madrid (1987) e Octavia (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Allariz. Construída no s X, pertenceu a un mosteiro dúplice en tempos de san Rosendo. Da primitiva construción prerrománica mantén os muros laterais, o trazado e a proporción da nave. As portas laterais son de estilo mozárabe e están realizadas con arcos de ferradura enmarcados nun alfiz. A igrexa que se conserva data do s XVIII. Foi declarada BIC en 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Profesor de escultura na Escola de Canteiros de Poio. Artista abstracto, utilizou para as súas obras a pedra, o granito e elementos metálicos. Inspirouse no mundo rural galego e na cultura castrexa para realizar obras de aparencia tosca. Destaca Guerreiro III e Machado IV. Obtivo, na Bienal de Pontevedra, o segundo premio en 1983, o primeiro premio ao ano seguinte e a medalla de bronce na edición de 1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Militante do PSOE desde 1972 e deputado nas Cortes (1977-1986), interveu en todas as leis orgánicas destinadas a desenvolver a Constitución de 1978 e no propio relatorio constitucional. Presidiu o Congreso de los Diputados (1982-1986) e foi nomeado reitor da Universidad Carlos III de Madrid en 1989. En 2004 foi nomeado alto comisionado para a Atención ás Vítimas do Terrorismo coa finalidade de coordinar as accións en materia de apoio ás vítimas e vixiar que se cumpra a lexislación ao respecto. Escribiu Libertad, poder, socialismo (1982), Los valores superiores (1984), La elaboración de la Constitución Española de 1978 (1988), La Democracia en España. Experiencias y Reflexiones (1996) e Historia de los Derechos Fundamentales (2001). É académico de número da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Despois dalgúns libros de poemas de estilo neopopularista, coa Segunda República converteuse en propagandista literario da ideoloxía tradicionalista e monárquica. Durante a Guerra Civil presidiu en Burgos a Comisión de Cultura y Enseñanza de la Junta Técnica (1936-1938). Con Poema de la bestia y el ángel (1938) continuou a tarefa propagandística. Despois de 1939 continuou activo en política, como presidente do consello privado de Xoán de Borbón, conde de Barcelona (1957-1969), e no mundo literario. Publicou Antígona (1954) e El horizonte y la esperanza (1970). Presidiu a Real Academia Española (1939-1940, 1944-1947) e recibiu o Toisón de Oro (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Cultivou a paisaxe de estilo impresionista. Empregou pinceladas diferenciadas e soltas cunha paleta rica en verdes, carmíns e grises, que parecían fundirse entre elas, xunto con matices de cor. Nas súas obras dominou a frondosidade da vexetación e deixou entrever a escena principal do cadro. Destacan El valle (1949?), Paisaje de la Ría (1960?), El Barquero (1962?) e Feria de Otoño (1975?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Crítico da arte, escritor e político. Foi gobernador civil da provincia de Isabela (Filipinas) entre 1898 e 1899, onde o martirizaron, sentenciaron a morte e mantiveron como prisioneiro de guerra. Escribiu Anales del Teatro y de la Música. Año Primero 1883-1884 (1884), obra fundamental para o coñecemento da vida teatral e musical madrileña de finais do s XIX, e Pérdida de la Provincia de la Isabela de Luzón (Islas Filipinas) (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Profesor das universidades de Michigan (1955-1963) e, desde 1963, de Stanford, os seus estudos confirmaron a existencia da partícula subatómica tau, polo que recibiu o Premio Wolf de Física (1982) e o Premio Nobel de Física (1995), compartido con Frederick Reines.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • duquesa de Abrantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deseñador gráfico. Formouse na Escuela EINA de Barcelona e en 1992 creou Permuy Asociados SA. O seu traballo esténdese aos campos da identidade corporativa, o deseño de marcas e logotipos, o deseño de publicacións e o deseño editorial, empresarial e institucional. Destacan, entre outras, os traballos realizados para o Xacobeo 99, o Consorcio de Santiago de Compostela, a Fundación Eugenio Granell, o Centro Dramático Galego e Galicia Terra Única. Participou, entre outras, nas mostras Barcelona 92, la creativitat gráfica a l’esport olímpic (1989), Galicia: tradición y diseño (1991) e Signos del Siglo. 100 años de Diseño Gráfico en España (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formouse na Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid e nos Países Baixos e Reino Unido. Nun primeiro momento recibiu a influencia racionalista, como o emprego da cuberta plana e do vidro e o formigón, e despois incluíu elementos rexionalistas, como a galería de cristais, ou eclécticos, como a mansarda. Participou no Plan de Escuelas Rurales e no Plan e Vigencia de Escuelas de Vigo, baixo o Ministerio de Educación y Ciencia, polo que construíu un bo número de colexios públicos. Realizou tamén edificios de vivendas e, entre outras obras, o centro parroquial de Santa Baia de Alcabre (1996). O seu interese pola música levouno o deseño de salas de música e en 1988 recibiu o Premio Dragados y Construciones da Fundación CEOE pola rehabilitación do antigo Teatro García Barbón de Vigo (Centro Caixanova).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués. Activo no segundo terzo do s XIII, coñécese pola súa tenzón cun tal Don Vasco, identificado con Vasco Gil, “Pero Martiiz, ora, por caridade”, e onde se critica a Orde do Hospital, o seu prior e dous comendadores, Rui Gil e Rui Martinz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Foi alcalde de Ortigueira (1969-1979) e ingresou en Alianza Popular en 1980. Foi deputado no Parlamento de Galicia (1981-1985), conselleiro de Xustiza con X. Fernández Albor, director xeral de Administración Local (1982-1983), director xeral de Xustiza e Gobernación (1983-1986) e director xeral de Xustiza (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, escultor e medallista italiano. Traballou con Francesco Laurana. Desde 1453, realizou varias esculturas para o arco do Castel Nuovo de Nápoles e realizou varias medallas para Renato I de Nápoles (1461-1464).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto suízo. Coñecido como Pietro Lombardo, traballou en Venecia en colaboración cos seus fillos, adaptando o gótico ás formas venecianas. Fixo o corazón de San Giobbe na capela Giustiniani de San Francesco della Vigna, o monumento do cardeal Zenón en San Marco e proxectou a igrexa de Santa Maria dei Miracoli. O seu fillo Tullio Lombardo (? 1455?-Venecia 1532), realizou o relevo da arca de Sant’Antonio de Padua e a estatua sepulcral de G. Guidarelli. O seu fillo Antonio Lombardo (? 1458?-Ferrara 1516?), fixo o relevo do Miracolo di sant’Antonio (1505), en Padua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Santiago de Compostela. A súa orixe está relacionada cunha comunidade beneditina que se estableceu nas proximidades da igrexa de Santa María da Corticela (actual capela da catedral de Santiago de Compostela), que foi construída a finais do s IX. Esta comunidade tiña a función de custodiar os restos do Apóstolo Santiago. As primeiras referencias documentais da existencia do mosteiro datan do s X, cando o Rei Ordoño II e o bispo Sisnando I ratificaron algunhas das doazóns feitas aos beneditinos. O crecemento da comunidade monástica obrigou á construción dun novo edificio e en 1050 comezaron as obras do templo románico, que non se rematou ata 1112, cando o bispo Xelmírez e o bispo de Ourense, don Diego, consagraron a igrexa. En 1115 Xelmírez confirmou e aumentou as posesións do cenobio, que chegou a ser un dos mosteiros máis ricos de Galicia. Vinculado desde 1498 á congregación de San Bieito de Valladolid, viviu unha etapa de esplendor entre os ss XVII e XVIII coa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado na Pobra do Brollón. Formado por ermitáns, o conde Fernando de Traba incorporouno a Montederramo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. Coñecido como Chano Piñeiro, licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Aínda que apenas tivo relación cos grupos que na década de 1970 se organizaron ao redor do cine galego, a súa afección levoulle en 1976 a escribir o seu primeiro guión baseado en Sempre en Galiza, que se materializou na curtametraxe Os paxaros morren no aire (1977), realizada en súper 8 e que conseguiu, entre outros premios, o Film de Oro do Ministerio de Cultura. En 1979 iniciou o proxecto da súa primeira longametraxe, Eu, o tolo, que rematou en 1982. A cinta, de 110 minutos de duración, conta a vida de Eu, un home que casa cunha bicicleta e que despois das máis diversas aventuras chega a ser presidente do goberno. En 1984 tivo a oportunidade de pasar ao formato profesional e realizou Mamasunción, unha curtametraxe que obtivo un inusitado éxito en diversos festivais nacionais e estranxeiros. A cinta é unha reflexión sobre...

    VER O DETALLE DO TERMO