"Omo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 696.

  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Ravenna e de Boloña (1952-1958) e cardeal (1953-1976). Promoveu o movemento litúrxico en Italia. Paulo VI nomeouno moderador do Concilio Vaticano II (1963), onde representou a tendencia aperturista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Santa italiana, irmá de santa Faustina. Para fuxir dos matrimonios impostos pola súa familia fóronse co sacerdote Marcelo, atravesaron o río Po nunha barca e chegaron a Como, onde entraron nun convento. A súa festividade celébrase o 18 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se emprega para practicar a litotomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se pode mover dun lugar a outro.

    2. Máquina de vapor que se pode transportar dun lugar a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito de moverse dun lugar a outro.

    2. Manifestación da posibilidade que teñen os animais de moverse dun lugar a outro empregando medios propios. Os principais tipos de locomoción son o terrestre (coas variedades de marcha e reptación), o aéreo e o acuático.

    3. Conxunto de diversos vehículos que se utilizan para desprazar ou trasladar mercadorías ou persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce locomoción ou movemeto.

    2. Conxunto de órganos destinados ao movemento do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina apropiada para desprazarse sobre carrís, provista dun sistema de automoción e destinada a remolcar vehículos ferroviarios. Segundo a función, distínguense as locomotoras de manobra e as de liña. Segundo a orixe da forza motriz poden ser de vapor, eléctricas ou de motor diesel. A locomotora de vapor clásica accionábase por unha máquina de vapor alternativa, que tomaba o vapor do domo e utilizaba carbón mineral e algúns aceites pesados como combustible. A provisión de auga e de combustible disponse nun vagón especial (ténder) ou na mesma locomotora (locomotora-ténder). As locomotoras articuladas teñen dous ou máis grupos de eixes motores que permiten construír locomotoras de gran potencia, como os tipos Mallet e Garratt. Unha versión moderna é a locomotora de turbina de vapor. Nas locomotoras de vapor turboeléctricas, a transmisión ten lugar mediante motores eléctricos. A locomotora eléctrica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: locomotor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de Escocia, situado entre as rexións Central e Strathclyde, a 38 km ao NO de Glasgow (70 km2), que constitúe o lago máis grande do país e presenta diversas illas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Científico e poeta ruso. Impulsou a fundación e dirixiu a Universidade de Moscova (1755), que leva o seu nome. Foi considerado un dos pais da ciencia rusa e destacou en xeoloxía, mineraloxía, astronomía, física e química e metalurxia. Propugnou o estudo da química sobre unha base matemática e física, defendeu a teoría molecular e cinética da materia e foi un precursor de Lavoisier. Fixou os fundamentos da terminoloxía científica rusa ao adaptar os principais termos de física e química do latín ao ruso e esforzouse por crear unha lingua culta e unha literatura nacionais. Puxo as bases da versificación rusa moderna, publicou a primeira gramática rusa e escribiu odas, sátiras e dúas traxedias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Christen Sørensen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estableceu en Ousende, San Clodio e Santiago de Nespereira. As súa armas traen, en campo de ouro, unha aguia de goles, cargada dunha chave de ouro, posta en faixa, mirando cara á destra e o paletón cara a arriba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Molécula de grandes dimensións formada por encadeamentos atómicos covalentes monodimensionais, bidimensionais ou tridimensionais. O peso molecular pode variar de 10.000 a algúns millóns. Coñécese un gran número de substancias macromoléculas naturais, como a celulosa, as proteínas, os virus, os diamantes e os silicatos. Poucas macromoléculas naturais foron sintetizadas, por contra, si se conseguiron numerosos materiais plásticos, fibras téxtiles sintéticas e elastómeros, que se obteñen por polimerización ou policondensación de monómeros. As propiedades físico-químicas das macromoléculas dependen da súa dimensión, da súa estrutura e das funcións químicas presentes na molécula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á macromolécula.

    2. Aplícase á substancia química que está formada por moléculas de gran tamaño e elevada masa molecular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce un fluxo magnético ou que tende a producilo.

    2. Forza capaz de producir un fluxo magnético nun circuíto magnético. Defínese como a integral da liña do vector intensidade de campo H ao longo dunha línea pechada. Esta magnitude presenta unha analoxía formal coa forza electromotriz que no caso dun campo magnético creado por unha bobina ou un electroimán, é igual á excitación magnética. A unidade SI de forza magnetomotriz é o ampere, ou no caso dunha bobina, o ampere volta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. De nome Salomon ben Josua, o seu Versuch Über die Transzendentalphilosophie (Ensaio sobre a filosofía transcendental, 1790), foi calificado por Kant como a crítica máis aguda á súa filosofía. Ademais de comentarios sobre Aristóteles, Maimónides e Bacon, escribiu Versuch einer neuen Logik oder Theorie des Denkens (Ensaio dunha nova lóxica ou teoría do pensamento, 1794), Kritische Untersuchungen Über den menschlichen Geist (Investigacións críticas sobre o espírito humano, 1797) e unha autobiografía (1792).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Coñecido como Giacomo Manzú, traballou especialmente os temas relixiosos. As súas obras baseábanse na lixeireza dos seus personaxes, a sutilidade, o intimismo e unha marcada espiritualidade. Da súa produción destacan Cardinali (1949-1951) e Porta della morte (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Giacomo Manzoni.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á enerxía mareomotriz.

    2. Tipo de enerxía renovable que se basea na oscilación do nivel do mar en forma aproximadamente sinusoidal a causa das mareas. Aprovéitase a diferenza de niveis que ocasiona a marea para facer pasar auga de encoramento ao mar a través das canles de alimentación do grupo de turbinas da central mareomotriz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. Deputado desde 1919 e secretario do Partito Socialista Italiano (1924), foi un dos líderes da oposición parlamentaria a Mussolini. Asasinado por milicianos fascistas, a súa morte provocou revoltas por todo o país. Os seus asasinos, protexidos polo ditador, foron xulgados en 1947 e condenados a 30 anos de prisión.

    VER O DETALLE DO TERMO