Matteotti, Giacomo

Matteotti, Giacomo

Político italiano. Deputado desde 1919 e secretario do Partito Socialista Italiano (1924), foi un dos líderes da oposición parlamentaria a Mussolini. Asasinado por milicianos fascistas, a súa morte provocou revoltas por todo o país. Os seus asasinos, protexidos polo ditador, foron xulgados en 1947 e condenados a 30 anos de prisión.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Fratta Polesine, Véneto

  • Deceso

    Lugar : Roma