"Ons" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1222.

    1. Fixar o pensamento nalgunha cousa examinándoa coidadosamente en todos os seus aspectos.

    2. Ter en conta algunha cousa para xulgar algo ou obrar.

    3. Atribuír a unha persoa ou cousa unha calidade ou circunstancia determinada que se expresa.

    4. Ter en consideración ou estima a unha persoa.

    5. Amosar ou sentir unha actitude de respecto e compaixón por alguén.

    6. Atribuírse unha persoa a calidade que se expresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Orde ou norma de conduta que se lle dá a unha persoa.

      2. Orde que se lle dá a un subordinado que permanece nun posto de vixilancia, como sentinela ou garda.

    1. Contrasinal que lle permite a unha persoa ser coñecida ou poder ter acceso a un lugar determinado sometido a vixilancia.

    2. Fórmula breve empregada como manifestación dunha idea política.

      1. Lugar nas estacións de ferrocarril e outros medios de transporte no que se recolle e garda provisionalmente a equipaxe dos viaxeiros.

      2. Servicio, que ofrecen as estacións de ferrocarril e outros medios de transporte, encargado de recoller e gardar provisionalmente a equipaxe dos viaxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de consignar.

    2. Depósito xudicial que fai o debedor da cousa obxecto de obriga, cando o acredor non pode ou non quere recibilo, e tamén cando é descoñecido. O seu obxecto é obter unha declaración xudicial que cancele a débeda. O depósito efectúase ben a título liberatorio (consignación para pagamento) ou ben a título de garantía (consignación para oporse e evitar o embargo).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen consigna, especialmente mercadorías.

    2. Casa de comercio facultada para consignar mercadorías a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asignar unha determinada cantidade de cartos para o pagamento dalgunha cousa.

    2. Designar un lugar ao que se ha de enviar algo.

      1. Enviar mercadorías a alguén por medio dun correspondente.

      2. Enviar e depositar xudicialmente unha mercadoría a alguén segundo o procedemento previsto pola lei.

    3. Entregar algunha cousa en depósito.

    4. Facer constar unha cousa ou algún dato por escrito.

    5. Depositar algo na consigna dun aeroporto ou doutro medio de transporte.

    6. Dirixir un buque a un consignatario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á persoa ou entidade á que lle está consignada unha cousa.

      1. Axente destinado á venda dunha cousa, propiedade doutra persoa, nun prazo e prezo fixados previamente. Comprométese a entregar o prezo ao propietario ou a restituírlle a cousa e ten dereito a quedar coa eventual diferenza obtida do aumento do prezo da venda, no caso de que esta se conseguise.

      2. consignatario de buques

        Representante dunha empresa navieira nos portos nos que o buque fai escala. A relación que o une co navieiro pode ser de dependencia, ou ben actuar como comisionista, o que é máis frecuente. Deste xeito produciuse unha proliferación de empresas consignatarias de buques, coas que as navieiras contratan as tarifas que precisan. Realizan funcións relacionadas co transporte de mercadorías, descarga, tránsito e entrega das mesmas, e preparación de fretes. En Galicia, a importancia dos portos de mercadorías fixo posible a existencia dunha gama de empresas consignatarias, como Pérez Torres y Cía, Estibadora Gallega, Bonifacio Lagares, Corona Mar, Consignatarios de Buques Aluflet, Consiflet, Consignataria de Vigo, García Reboredo Hermanos ou Vasco Gallega de Consignaciones.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma tónica ligada de terceira persoa de singular con valor reflexivo, que funciona como complemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Persoa que aconsella ou axuda a unha autoridade ou entidade.

      2. Persoa que en certas corporacións e sociedades asiste como conselleiro o superior que as goberna.

    1. Coordinador ou conselleiro espiritual dos grupos de revisión de vida, de comunicados de base ou de movementos apostólicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo auxiliar da curia romana e de carácter xeralmente consultivo ou executivo creado polo papa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de solidez ou firmeza dunha cousa.

    2. Grao de densidade ou de espesura dunha cousa.

    3. Calidade fundamentada e razoada que se aplica a cousas non materiais.

    4. Coherencia entre as partículas que constitúen unha masa, dependente da súa natureza e da proporción de auga que contén.

    5. Propiedade dunha teoría non contraditoria.

    6. Lóxica psicolóxica que establece que o individuo sempre procura facer diminuír as discrepancias entre as súas crenzas e a súa conduta. Entre as diversas teorías explicativas deste proceso destaca a da disonancia cognitiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que consiste na cousa expresada. OBS: Vai seguido da preposición en.

    2. Que ten consistencia, solidez ou firmeza.

    3. Aplícase á teoría non contraditoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ser unha cousa outra.

    2. Estar unha cousa formada ou constituída por outra.

    3. Ter algo a súa causa ou esencia noutra cousa. OBS: En todas as acepcións utilízase seguido da preposición en.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a un consistorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Consello e tribunal privado dos emperadores romanos, coñecido tamén como consistorium ou consilium principis. Reuníase para asesorar o gobernante en materia lexislativa e administrativa. No goberno do Emperador Adriano sufriu algunhas modificacións, recibiu atribucións xudiciais e fixouse unha organización estable. O Emperador Diocleciano cambiou a súa organización, presidida dende aquela polo vicarius a consiliis sacris e composto polo cuestor do palacio, o xefe do servicio, os ministros de finanzas e os comites. Despois desta reorganización recibiu o nome de sacrum consilium.

    2. Consello solemne de cardeais e outros dignatarios pontificios presididos polo papa. A medida que as congregacións de cardeais se ían transformando nas actuais congregacións da curia, converteuse nunha cerimonia formularia na que se proclamaba o nomeamento de bispos, arcebispos e cardeais, e se decidía oficialmente as canonizacións.

      1. Conxunto dos edís dun concello. Tamén se denomina corporación municipal.

      2. Edificio público onde se reúne a corporación municipal e que serve de sede principal dos seus órganos administrativos. Tamén se denomina casa do concello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Bibei. Nace na vertente sudoriental da serra de Queixa, a 1.050 m de altitude, na parroquia de Pradoalbar (concello de Vilariño de Conso), da confluencia do río da Cerveira e do rego de Valboa. O seu curso adopta unha dirección NO-SL, coa que penetra na parroquia de San Mamede de Hedrada, onde se estanca (encoro de Hedrada). Ao chegar á parroquia de Sabuguido vira cara ao N e con esta nova dirección S-N chega a Vilariño de Conso, onde recibe o seu principal tributario, o Conselo. Uns 450 m máis adiante da captura forma o brazo occidental do encoro do Vao, que constitúe a súa desembocadura, logo dun percorrido de máis de 27 km de lonxitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilariño de Conso baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobre situada nas abas da serra de Queixa, en Santiago de Conso (Vilariño de Conso). Trátase dun edificio de planta rectangular cunha serie de construcións anexas e cun patio exterior rodeado por un muro. O conxunto completábase cunha pequena capela que desapareceu. No portal de acceso consérvase un escudo coas armas dos Ribadeneira, Losada e Enríquez.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que posúe ou produce consonancia.

      1. Fonema oposto á vogal polo seu comportamento combinatorio, pola súa realización e polas súas características acústicas. Desde a tradición india e grecolatina, considerouse como un elemento articulatorio dependente da vocal. A comezos do s XX, a fonética experimental puxo en dúbida esta oposición. A fonoloxía aduce que a consoante forma a parte marxinal na estrutura silábica, mentres que a vogal constitúe a parte nuclear (

      2. Cada unha das letras coas que se representan os fonemas consonánticos.

    2. Introduce unha cláusula que indica ‘do mesmo xeito que’.

    3. De acordo con aquilo que se expresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Soar conxuntamente e en harmonía varios sons.

    2. Estar algunha cousa en conformidade con outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunidade, animal ou vexetal, dominada por unha soa especie.

    VER O DETALLE DO TERMO