"PAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 751.
-
CAPITAIS
Capital de Sicilia e da provincia homónima, Italia (652.640 h [2001]) que está situada na costa occidental do golfo de Palermo. O núcleo antigo, creado arredor do porto, é o centro da actividade comercial e administrativa da cidade. Xunto ao porto creáronse industrias de construción naval e complementarias. Despois das ocupacións fenicia, cartaxinesa e romana (s III a C), foi tomada polos vándalos (mediados do s V), os ostrogodos (493) e o Imperio Bizantino (535), que dominou ata 831, ano en que pasou aos árabes, que foron expulsados polos normandos (1072). En 1266 foi conquistada por Carlos II de Anjou, pero a Coroa de Aragón apoderouse de Sicilia (1282) e cedeulla a Federico II de Sicilia pola Paz de Caltabellotta (1302), aínda que a recuperou en 1412. Posesión de Savoia (1713-1718) e de Austria (1718-1735), pasou ao Reino de Nápoles. Tomada por Garibaldi (1860), pertenceu ao Reino de Italia. Do seu patrimonio cultural destacan os restos cartaxineses e romanos, os edificios de época normanda,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Sicilia (4.992 km2; 1.198.644 h [1991]). A súa capital é Palermo.
-
PERSOEIRO
Poeta portorriqueño. Xunto a José Isaac de Diego tentou fundar un movemento poético baseado no son e coñecido como diepalismo. Da súa obra, moi influída polo espazo en que viviu de neno, destacan Azaleas (1915), Pueblo negro (1926), Tuntún de pasa y grifería (1937) e Poesía (1957), que constitúe unha recompilación de poemas escritos entre 1915 e 1956.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sensibilidade para percibir vibracións que se explora mediante diapasóns de vibración lenta, colocados sobre zonas cutáneas que recobren superficies óseas.
-
ENTRADA LARGA
Designación tradicional do antigo país de Canaán ou de Israel, sobre todo a partir da revolta xudía de 132-135, en que a anterior Xudea formou parte da provincia romana de Siria. Tamén se chama Terra Santa e o seu nome relaciónase cos antigos filisteos. Está repartida entre os estados de Israel e Xordania.
Xeografía
VER O DETALLE DO TERMO
Para o dereito internacional, Palestina é unha área de 27.000 km2situada ao O do río Xordán. Ao N queda delimitada polos últimos contrafortes do Hermón e as montañas do Hauran (1.830 m), e ao S polo deserto de Negueb. De N a S, o val do Xordán divídea en dúas partes: Cisxordania ao poñente, ata o Mediterráneo, e Transxordania ao Levante, ata o deserto de Siria. Transxordania presenta unha serie de vales en dirección L-O, ata a depresión do Xordán, mentres que Cisxordania se caracteriza pola cadea montañosa que a atravesa en dirección N-S polo centro do país. Ao NO, o macizo montañoso de Galilea (1.208 m) ten unha importante derivación... -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de operacións militares que durante a Primeira Guerra Mundial deron o control de Palestina e Siria a Reino Unido. O intento turco de apoderarse do canal de Suez (febreiro de 1915), fracasado por unha contraofensiva dos británicos, levou a estes á campaña. O xeneral Allenby ocupou Gaza e Xerusalén (1917). Conquistada tamén Damasco (setembro de 1918), en outubro os franceses tomaron Beirut, e tres días despois Turquía solicitou o armisticio.
-
-
Relativo ou pertencente a Palestina ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Palestina.
-
-
-
-
Lugar destinado a efectuar a loita ou a practicar deportes, na Antigüidade clásica. Estaba constituído por unha edificación con perístilo, rodeada de vestiarios e baños. En Grecia, este edificio estaba anexado ao ximnasio e en Roma, ás termas.
-
Exercicio da loita na Antigüidade.
-
-
Lugar público en que se celebran certames literarios ou se discute sobre calquera asunto.
-
-
CIDADES
Cidade da provincia de Roma, Lacio, Italia (15.555 h [1991]). A Praeneste romana constituía o único paso a Roma polo val do río Sacco, percorrido pola vía latina. Sometida por Roma tras a Guerra Latina (338 a C), durante a Idade Media pertenceu á familia Colonna, que lla disputaron aos papas. Convertida en principado (1449), adquirírona os Barberini. Do seu patrimonio cultural destaca o palacio Colonna-Barberini (s VII).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Discípulo de Mallapert e Lebel, foi recoñecido en toda Europa como un dos mellores compositores do seu tempo, xa que levou á perfección os procedementos tradicionais da composición. É autor dun cento de misas de catro a oito voces, dun milleiro de motetes de catro a doce voces, oito ladaíñas, 66 ofertorios, 15 lamentacións, 56 madrigais espirituais e un centenar de profanos, ademais de salmos, cánticos ou himnos. Das súas misas é especialmente célebre a Missa Papae Marcelli (1567), a seis voces.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Utensilio ou ferramenta, de madeira ou metal, relativamente pequeno, xeralmente de forma plana e ampla, e provisto dun mango curto, que se emprega para coller ou remover algunha cousa.
-
Ferramenta que consiste nun anaco de chapa ou prancha de aceiro de forma triangular, fixada a un mango, que empregan os albaneis para amasar ou aplicar morteiro á obra.
-
-
-
Lámina fina de madeira, de forma xeralmente oval e provista dun burato por onde pasa o dedo polgar para sostela, en que o pintor dispón as cores para pintar.
-
Gama de cores que o pintor adoita empregar na súa obra.
-
-
-
Peza ou parte de peza máis ampla e menos grosa dun aparato, un obxecto ou un instrumento, que xeralmente move algo ou se move pola forza dun axente.
-
Aleta dunha hélice ou dun rotor.
-
-
Parte inferior do esterno.
-
-
-
Porción de gran, carbón, morteiro ou outra materia que se pode coller dunha soa vez cunha pa ou cunha paleta.
-
Golpe dado cunha paleta.
-
Traballo que realiza o albanel cada vez que aplica o material coa paleta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
herba das paredes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abrigo longo de pano groso e cinguido na cintura.
-
CIDADES
Cidade do estado de Kerala, India, situada na beira do río Ponnāni, na zona da cadea dos Ghates Occidentais coñecida como Pālghāt Gap (122.964 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pali.
-
Lingua indoaria do phylum indoeuropeo. Empregada como lingua canónica do budismo Theravāda e da literatura anexa, é tamén a lingua literaria de Tailandia, Myanmar e Sri Lanka. Cumpre a función de lingua franca.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘repetición’.
-
-
eo cadrado de seda, da mesma cor que a casula, con que se tapan o cáliz e a patena ata o momento do ofertorio da misa e despois da comuñón.
-
Lenzo sobre o que se estenden os corporais para dicir misa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de paliar.
-
-
Atenuar os efectos negativos de algo.
-
Atenuar unha doenza sen curala.
-
Ocultar con escusas a importancia dunha falta.
-