palestra

palestra

(< lat palaestra < grπαλαίστρα)

  1. s f [HIST]
    1. Lugar destinado a efectuar a loita ou a practicar deportes, na Antigüidade clásica. Estaba constituído por unha edificación con perístilo, rodeada de vestiarios e baños. En Grecia, este edificio estaba anexado ao ximnasio e en Roma, ás termas.

    2. Exercicio da loita na Antigüidade.

  2. s f

    Lugar público en que se celebran certames literarios ou se discute sobre calquera asunto.

Frases feitas

  • Saír á palestra. Participar ou intervir publicamente nun asunto.