paleta

paleta

(

  1. s f
    1. Utensilio ou ferramenta, de madeira ou metal, relativamente pequeno, xeralmente de forma plana e ampla, e provisto dun mango curto, que se emprega para coller ou remover algunha cousa.

    2. Ferramenta que consiste nun anaco de chapa ou prancha de aceiro de forma triangular, fixada a un mango, que empregan os albaneis para amasar ou aplicar morteiro á obra.

  2. s f
    1. Lámina fina de madeira, de forma xeralmente oval e provista dun burato por onde pasa o dedo polgar para sostela, en que o pintor dispón as cores para pintar.

    2. Gama de cores que o pintor adoita empregar na súa obra.

  3. s f
    1. Peza ou parte de peza máis ampla e menos grosa dun aparato, un obxecto ou un instrumento, que xeralmente move algo ou se move pola forza dun axente.

    2. Aleta dunha hélice ou dun rotor.

  4. s f [ANAT]

    Parte inferior do esterno.