"PLA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 722.

  • Relativo ou pertencente á planimetría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento apto para medir mecanicamente áreas de figuras planas. É un caso particular de integrómetro que realiza a súa función ao percorrer, co estilete ou punzón fixado a un extremo do brazo trazador do instrumento, a curva pechada ou o contorno da figura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • neuróptero.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Representación da esfera terrestre sobre un plano, mediante algún tipo de proxección xeométrica.

    2. Representación dos hemisferios celestes sobre un plano, feita normalmente mediante unha proxección polar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de plano ou chairo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comuna de Liechtenstein (5,3 km2; 355 h [estim 2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • planificación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Texas, EE UU, situada a 26 km ao NL de Dallas (219.000 h [estim 1998]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non ten curvaturas, ondulacións, elevacións nin depresións.

    2. Que carece de cambios bruscos ou relevantes.

      1. Que ten todos os elementos situados nun plano.

      2. Aplícase á xeometría ou trigonometría que tratan de figuras planas ou de ángulos planos.

      1. Superficie tal que calquera recta que pase por dous dos seus puntos estea totalmente contida nesta superficie. Determínase mediante tres puntos non aliñados, ou ben dúas rectas que se corten ou que sexan paralelas, ou ben por un punto e unha recta que non conteñan o punto. No espazo euclídeo R 3 represéntase mediante a ecuación A(x - x 1 ) + B(y - y 1 ) + C(z - z 1 ) = 0, na que x 1 , y 1 , z 1 son as tres coordenadas dun punto P 1 dado dese plano, e A, B, C son as tres compoñentes dun vector N normal ao plano.

      2. plano bisector

        Plano que pasa pola aresta dun ángulo diédrico e que o divide en dous ángulos iguais.

      3. plano de coordenadas

        Cada un dos tres planos que se cortan nun punto e que serven para fixar a posición de calquera punto do espazo coa axuda das liñas coordenadas.

      4. plano impropio/do infinito

        Conxunto de puntos do infinito, no espazo proxectivo de tres dimensións.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cigoto flaxelado que se produce pola unión de dous planogametos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás máquinas de imprimir en que a folla de papel que se quere imprentar, se preme sobre unha forma plana por un cilindro dotado dun movemento de rotación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten unha cara plana e outra cóncava.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten unha cara plana e outra convexa. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gameto flaxelado e móbil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento de impresión por medio de matrices impresoras en que as imaxes e as zonas brancas están ao mesmo nivel. Se é directa fálase de litografía, e se é indirecta, de offset.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos gasterópodos, da subclase dos pulmonados, que se caracteriza polo feito de ter a cuncha delgada e plana, dunha lonxitude inferior a 2 cm e coa espiral desenvolvida nun plano. Habita entre os vexetais e nas augas estancadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico e compositor. Inicialmente foi autor de cancións, como a célebre Marche de Sambre et Meuse, ata que acadou unha gran fama coa opereta Les cloches de Corneville (1877), unha das máis representadas mundialmente e á que seguiron La Cantiniere (1880), La Cocarde Tricolore (1892) e Panurge (1895).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Organismo pertencente ao reino vexetal. As plantas son seres vivos autotróficos, xeralmente inmóbiles, ordinariamente de crecemento indefinido, e carentes de sistemas de relación. Só se consideran plantas aqueles organismos pluricelulares con cloroplastos e con paredes celulares celulósicas. Tradicionalmente, en cambio, tamén se incluían neste grupo os procariotas (esquizófitas e proclorófitas), os protistas autotróficos (euglenófitas, clorófitas, rodófitas e cromófitas) e os fungos. As células vexetais típicas, propias das plantas con clorofila, presentan caracteristicamente unha parede celular celulósica, vacúolos, frecuentemente moi grandes, e cloroplastos. A súa clasificación ten como base a especie, unidade morfolóxica e xenética. Dentro da especie, distínguense subespecies, variedades e formas. As principais unidades taxonómicas, por riba da especie, son o xénero, a familia, a orde, a clase e a división. Hai moitos sistemas de clasificación, aínda que os modernos son filoxenéticos,...

      2. exetal herbáceo, en especial os que non teñen tronco.

    1. Nome que se dá á proxección horizontal de calquera obxecto ou proxecto e que, cando se baixan os planos coordenados do diedro, pasa a ocupar a parte inferior da liña de terra (no caso do primeiro cuadrante).

    2. Representación gráfica, con finalidade técnica, que mostra, visto desde arriba e a unha escala preestablecida, un aspecto ideal dunha construción ou dunha parte súa, coas características xeométricas e dimensionais dos seus elementos. Obtense por sección dun determinado nivel da construción cun plano horizontal onde tamén se representan en proxección ortogonal os elementos non intersectados.

      1. Conxunto dos cimentos dun edificio.

      2. Cada unha das divisións horizontais dun edificio.

      3. Plano dos cimentos dun edificio ou da sección horizontal dun dos seus pisos.

      4. planta baixa

        Parte dun edificio que está ao mesmo nivel ca a rúa.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO