"Pol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1042.

  • PERSOEIRO

    Poeta italiano, irmán de Giovanni Pindemonte. Viaxou por diversos países, o que lle serviu para ter unha visión xeral da literatura europea da época. A súa obra, marcada polo seu carácter descritivo e pola elegancia na composición, presenta moitos trazos en común cos autores clásicos. En 1788 publicou as Poesie campestri, que preludiaban o romanticismo. Ademais da novela satírica e autobiográfica Abaritte (1790), destaca a traxedia Arminio, con ecos de Alfieri, Shakespeare e Ossián, e a tradución da Odisea (1822).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre e escritor. Actor na súa xuventude de Teatro-Circo, é autor de diversas obras de teatro, algunhas publicadas nos Cadernos da Escola Dramática Galega e na colección Castrodouro, como O xigante don Gandulfo, señor de Tentequedo (1980) ou O pauto (Premio de Teatro Breve da Escola Dramática Galega 1983); Ei, Feldmülhe (I Premio de teatro Rafael Dieste, 1991); Venenos (IV Premio de Teatro Rafael Dieste, 1994), Teatro-minuto (1996), Animal vacío (2002) e O milagre de Baíñas (2003). Tamén colaborou coas revistas Nordés e Agália e escribiu obras de narrativa infantil como O pintor do vento (1985), A porta prohibida (1985) e O demo presumido (1987), que destacan polo súa ironía e a crítica social que subxace.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grao de facilidade que existe, nunha determinada industria ou mercado, para a entrada dunha nova empresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baralla baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monterroso baixo a advocación de san Cibrao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santo Estevo que dá nome ao concello de Pol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Meira, situado na provincia de Lugo no L da Comunidade Autónoma de Galicia, a 43° 07’ 30” de latitude N e 7° 20’ 40” de lonxitude O. Limita ao N coa Pastoriza (comarca de Terra Chá) e Meira (comarca de Meira), ao L con Baleira (comarca da Fonsagrada) e Ribeira de Piquín (comarca de Meira), ao S con Castroverde (comarca de Lugo), e ao O con Castro de Rei (comarca de Terra Chá). Abrangue unha superficie de 125,9 km 2 cunha poboación de 1.913 h (2007), distribuída nas parroquias de Arcos de Frades, Caraño, Carazo, Cirio, Ferreiros, Fraialde, Gondel, Hermunde, Lea, Luaces, Milleirós, Mosteiro, Pol, San Martín de Lúa, San Martiño de Ferreiros, Silva, Suegos e Torneiros. A súa capital está no lugar de Mosteiro, na parroquia do mesmo nome, a 134 km de Santiago de Compostela e 27 km de Lugo. Está adscrito ás dioceses de Lugo e ao partido xudicial de Lugo.
    Xeografía física
    A planitude é a nota dominante neste concello, accidentado só...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Foi notario en diversas poboacións españolas, alcalde de Arzúa e Lugo, gobernador civil en Salamanca e na Coruña. Como alcalde de Lugo foi procurador en Cortes (1973-1975). Deputado no Congreso por Coalición Democrática (1982-1986), foi membro do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (1987-1996). Recibiu a Medalla Castelao (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político camboxano. De nome Saloth Sar, estudou en Francia (1949-1953), converteuse en militante comunista e foi secretario xeral do Partido Comunista Khmer (1962). Despois da toma do poder dos Khmeres Vermellos (1975), alcanzou o cargo de primeiro ministro (1976) e impuxo un réxime de terror. Foi derrocado polas forzas vietnamitas (1979) e apresado por unha facción rival dos Khmeres Vermellos en 1997, foi condenado por traizón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pol. Tense noticia da súa existencia no s XIII, aínda que se puido construír con anterioridade, e foi reedificada no s XIX. Consta de nave rectangular cunha cuberta de madeira a dúas vertentes. A capela maior está a maior altura e o retablo maior é barroco (1763). Na fachada hai un óculo redondo e unha espadana dun só van.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galiña nova que aínda non pon ovos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma contracta da preposición por + segunda forma do artigo la(s).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das partes en que se divide o tronco ou talo dunha planta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Moialde (Vilardevós). O seu cumio acada os 880 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, situado preto da Cordilleira Cantábrica e drenado polo río Bernesga (4.719 h [2001]). Posúe gandaría bovina e lanar e minas de carbón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Santa Mariña do Monte (O Barco de Valdeorras) e Santoalla do Monte (Petín). O seu cumio acada os 1.300 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos polabos ou á súa lingua.

    2. Individuo da tribo dos polabos.

    3. Grupo de tribos eslavas que se instalaron nos ss III e IV entre os ríos Elba e Oder.

    4. Lingua eslava da rama occidental que se extinguiu cara a finais do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor checo. De orixe xudía, despois de loitar no exército colaborou en diversos diarios e revistas e coñeceu os irmáns Čapek, que lle ofreceron a posibilidade de traballar nun semanario satírico. Na súa obra describiu cun humor vivo e humano a vida da pequena burguesía checa, que reflectiu nos contos Povíkdy israelského vyznání (Contos de confesións israelitas, 1926) e na novela Dum na předměstí (A casa do suburbio, 1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Polonia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Polonia.

    3. Lingua eslava da rama occidental do phylum indoeuropeo. Fálase en Polonia, onde é oficial, e en diversos países. Escrita en alfabeto latino, os primeiros documentos lingüísticos polacos datan do s XII, e no XV apareceu o primeiro tratado ortográfico (de J. Parkoszowicz), aínda que en Polonia, ata finais do s XVI, se seguiu a empregar o latín como linguaxe eclesiástica, administrativa, diplomática, científica e literaria. Co Renacemento adquiriu relevo como lingua literaria. Durante os repartimentos de Polonia (1795-1918), os ocupantes intentaron eliminalo, pero isto provocou a reacción contraria. En 1873 creouse a Academia Polaca das Ciencias e aumentaron as obras de investigación lingüística.

    4. Arte desenvolvida en Polonia. Ten fortes influencias da arte occidental e da arte bizantina rusa. As primeiras manifestacións importantes datan da época románica, e foron construcións erguidas fundamentalmente polos monxes cistercienses de orixe francesa e polas ordes militares alemás. Cómpre destacar a igrexa de Kósciól Mariacki en Cracovia e o primeiro edificio puramente gótico é a catedral de Santo Estanislao de Cracovia (1322-1346). En escultura destacou Veit Stoss, que realizou o retablo maior de Kósciól Mariacki. O Renacemento foi importante en Cracovia, onde traballaron numerosos arquitectos italianos como Battista de Lugano; en escultura destacou Jan Michalovicz, autor da figura xacente de Sjytek Jordan en Cracovia. A primeira igrexa barroca de estilo xesuítico foi a de San Pedro e San Paulo en Cracovia. Durante a etapa barroca, o país atraeu un gran número de arquitectos alemáns, neerlandeses e italianos, que fixeron a igrexa de Santa Ana en Cracovia, e os palacios de Xoán III...

    5. Cine realizado en Polonia. O grande impulso cinematográfico veu a partir de 1918, ao se configurar o estado polaco. Desta época cómpre citar os realizadores A. Hertz, W. Bieganski e E. Puchalski. En 1929 constituíuse o grupo Star, que produciu os filmes máis importantes realizados ata aquel momento e que traballou ata o inicio da Segunda Guerra Mundial. En 1945 nacionalizouse a industria cinematográfica e fundouse en èódź o Instituto Nacional de Cinematografía e a empresa produtora Polski Film. Deste período cómpre destacar os filmes Sakazane piosenki (Cancións prohibidas, 1947) de L. Buczkowski, Mlodosc Chopina (A xuventude de Chopin, 1952) e Celuloza (1954) de J. Kawalerowicz. A partir de 1956, co cambio de liña política, apareceron unha serie de realizadores que situaron a produción polaca nun lugar destacado. Cómpre salientar a J. Kawalerowicz, A. Wajda, A. Munk, con Calowiek na torze (Un home na vía, 1956), Eroica (1957) e Pasażerka...

    6. Literatura escrita en polaco. As primeiras obras localizadas en Polonia eran crónicas en latín, coma os Annales de J. Déugosz (1415-1480). Xa en lingua polaca, consérvanse textos bíblicos, apócrifos, algúns escritos profanos e, sobre todo, o himno do s XIII Bogurodzica (Nai de Deus). O Renacemento iniciou un período de esplendor con F. A. Modrzewski e J. Kochanowski. No s XVII o Barroco está representado, entre outros, polos poetas A. Morsztyn e W. Potocki. Na segunda metade do s XVIII houbo un renacemento importante nas letras, con influencia do neoclasicismo francés, onde destacaron o poeta I. Krasicki e o dramaturgo J. U. Niemcéwicz. No romanticismo hai que salientar a A. Mickiewicz, J. Slowacki e Z. Krasiński, ademais do comediógrafo A. Fredro. A finais do s XVIII, coa perda da súa independencia, Polonia confiou nos seus grandes poetas, verdadeiros heroes para o pobo, a conservación da súa literatura, lingua e idiosincrasia. Cara a 1860 apareceu a reacción inspirada...

    7. Arte musical cultivada en Polonia. Á parte da música litúrxica, a primeira obra musical polaca coñecida é o himno da cabalaría polaca medieval, Bogurodzica (s XIII), e o primeiro autor destacado é Nicolao de Radom (s XV). Outros autores vincularon a música polaca a Europa Occidental. Neste sentido influíron especialmente a escola franco-flamenga e Palestrina. Durante o s XVI sobresaíron M. Zieleński e M. Mielczewski, e cara a 1625 o romano M. Scacchi introduciu a ópera na corte. Durante o s XVIII destacou M. Ogiński (1765-1833) e, xa no s XIX, J. Elsner, mestre de F. Chopin e fundador do primeiro conservatorio polaco en Varsovia (1820). Deste tempo cómpre salientar o labor de K. Kurpiński (1785-1857) e dos pianistas F. Lessel e Agatha Szymanowska, precursores de F. Chopin (1810-1849), quen uniu a expresión romántica ao folclore polaco en moitas das súas obras. Esta corrente asumiuna Staniséaw Moniuszko (1819-1852), autor de óperas nacionais. O nacionalismo musical...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito armado entre Polonia e a URSS suscitado por unha cuestión de fronteiras entre ambos os dous países, que non quedaran fixadas no Tratado de Versailles (1919). Polonia invadiu Ucraína (abril-maio de 1920), pero o contraataque das forzas soviéticas fixo recuar as tropas polacas ata as proximidades de Varsovia (xuño-xullo). Os polacos, xunto coa axuda do estado maior francés, pasaron novamente á ofensiva a mediados de agosto e fixeron retroceder aos soviéticos máis alá do Bug e do Nemunas. O 12 de outubro asinouse o armisticio e o 18 de marzo de 1921 o Tratado de Rīga, polo que se fixaron as fronteiras.

    VER O DETALLE DO TERMO