Polaco-soviética, Guerra
Polaco-soviética, Guerra
Conflito armado entre Polonia e a URSS suscitado por unha cuestión de fronteiras entre ambos os dous países, que non quedaran fixadas no Tratado de Versailles (1919). Polonia invadiu Ucraína (abril-maio de 1920), pero o contraataque das forzas soviéticas fixo recuar as tropas polacas ata as proximidades de Varsovia (xuño-xullo). Os polacos, xunto coa axuda do estado maior francés, pasaron novamente á ofensiva a mediados de agosto e fixeron retroceder aos soviéticos máis alá do Bug e do Nemunas. O 12 de outubro asinouse o armisticio e o 18 de marzo de 1921 o Tratado de Rīga, polo que se fixaron as fronteiras.