"RAF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 981.

  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado no sector noroeste da illa de La Palma (2.002 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura e na pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Rafael Canogar, foi discípulo de D. Vázquez Díaz en Madrid, onde tamén acudiu ao Círculo de Bellas Artes. Despois de desenvolver unha obra de características semellantes ás do seu mestre, interesouse pola obra de Picasso, Miró e outros vangardistas. Realizou a súa primeira mostra individual en 1954 e ao ano seguinte comezou a realizar as primeiras abstraccións que dende 1957 adquiriron un carácter informalista. En 1957 participou na fundación do grupo El Paso. En 1964 abandonou o informalismo e desenvolveu un novo realismo, cunha forte intención crítica ata que en 1975 retornou á abstracción xeometrizante. Participou en numerosas exposicións e recibiu, entre outros galardóns, o Gran Premio Internacional da Bienal de São Paulo (1971) e o Premio Nacional de Artes Plásticas (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Perito agrícola e xornalista. Dirixiu o periódico La Juventud (1881-1882) e foi colaborador de El Buscapié, El Miño e El Noroeste. Escribiu Estudio histórico de las murallas de Lugo (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atentado frustrado contra Afonso XIII acaecido durante a viaxe de volta a Madrid, despois da súa visita a Barcelona (6 de xuño de 1925). A policía descubriu a bomba colocada antes do paso do tren e detivo como autores a sete militantes de Estat Català, que foron amnistiados en 1930.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • asilla ampla, redondeada e co colo curto, xeralmente de vidro, barro ou metal, revestida de vimbios, esparto ou outros materiais similares, que se emprega para conter líquidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Garrafa grande.

    2. Bebida alcohólica que ten as súas propiedades adulteradas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado, xornalista e político. Sucedeu a seu pai na dirección de El Imparcial en 1884. Foi deputado desde 1891 e, partidario do rexeneracionismo, desenvolveu campañas en prol do desenvolvemento económico, especialmente agrícola, do país. Ocupou a carteira de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas en dúas ocasións (1900 e 1903), a de Fomento nos gobernos de Moret (1905, 1906, 1909), Canalejas (1911), Romanones (1913, 1916) e García Prieto (1922), e a el débense as leis de sindicatos agrícolas (1906) e de obras públicas (1911). Representou a Galicia en diversas ocasións como deputado polos distritos da Estrada (1893-1896), Noia (1893-1910) e Vigo (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudio ou descrición das pedras duras e preciosas gravadas.

    2. glíptica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio da lingua mediante un glosógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que rexistra os movementos da lingua na linguaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que serve para determinar graficamente ángulos sobre un plano, sen indicar o seu valor en graos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Presbítero. Estudiou Filosofía e Letras e publicou Gramática de la lengua árabe literal y clásica (1910) e Estado social de los mahometanos en Marruecos (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formouse na Escuela de Arquitectura de Madrid (1910). A súa obra evolucionou desde o eclecticismo, influenciado por Antonio Palacios, e o modernismo vienés cara ás formas racionalistas. De características modernistas son obras como o chalé Rialeda en Oleiros (1912), o edificio Castromil de Santiago de Compostela (1922-1929), destruído en 1975, e o sanatorio antituberculoso de Cesuras (1927). Acadou a simplificación formal na vila Molina da Cidade Xardín da Coruña. Adoptou o racionalismo no cine Avenida da Coruña (1937-1941). Foi colaborador literario e artístico en Acción Coruñesa e presidente da Asociación de Arquitectos de Galicia (1914), do coro Cantigas da Terra (1919), do Círculo de Artesanos (1923) da Academia Provincial de Bellas Artes. Foi membro da Real Academia Galega. Recibiu unha medalla da Exposición Nacional de Bellas Artes, unha mención honorífica no concurso de proxectos do Chicago Tribune (1922) e un premio polo proxecto de monumento a Curros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista alemana. Coñecida como Steffi Graf, dominou a súa especialidade entre a segunda metade da década de 1980 e a primeira metade da década seguinte. Proclamouse vencedora de 22 torneos individuais do Grand Slam: 4 Open de Australia, 6 Roland Garros, 7 Wimbledon e 5 US Open. Gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Los Angeles (1984) e nos de Seúl (1988). Retirouse en 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Representar algunha cousa nun gráfico.

    2. Dar forma escrita a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade mínima, indivisible e distintiva dun sistema gráfico. Represéntanse graficamente entre ángulos

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inscrición, xeralmente en cursiva, ou debuxo trazado sobre monumentos antigos, paredes ou pedras cun punzón metálico ou con outro instrumento gráfico. Tiñan contido satírico e facían alusións a protestas, motivos políticos e outros asuntos. Destacan os de Pompeia e os realizados no Renacemento.

    2. Inscrición ou debuxo feito sobre muros ou outros soportes de espacios públicos. Fanse con instrumentos que permiten unha grande espontaneidade e rapidez na súa execución. Os seus motivos son a expresión política e ideolóxica, a exhibición da propia personalidade e a decoración. A súa difusión tivo lugar en Nova York, onde se converteron na expresión dun conxunto máis amplo denominado hip-hop. Neste medio formáronse, entre outros, Keith Haring e Jean-Michel Basquiat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Símbolo ou conxunto de símbolos con que se representa un son ou unha palabra. Por exemplo, o son [¥] represéntase coa grafía ll.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación por medio dunha ou varias liñas de datos numéricos que fan visible a relación que teñen entre si eses datos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia galeguista editada na Coruña a partir do 20 de agosto de 1922. Subtitulouse “Revista quincenal ilustrada”. Cesou a súa edición o 1 de outubro de 1922 (nº 3). Os seus colaboradores coincidiron cos do semanario Luz, que deixara de publicarse apenas un mes antes. Ademais, compartiu a súa edición coa aparición da revista Alfar, o que provocou a súa desaparición.

    VER O DETALLE DO TERMO