Garraf, complot de
Garraf, complot de
Atentado frustrado contra Afonso XIII acaecido durante a viaxe de volta a Madrid, despois da súa visita a Barcelona (6 de xuño de 1925). A policía descubriu a bomba colocada antes do paso do tren e detivo como autores a sete militantes de Estat Català, que foron amnistiados en 1930.