"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • GALICIA

    Médico oftalmólogo. Realizou o primeiro estudo médico da historia redactado en lingua galega e titulado Ensaios para mellorar os resultados terapéuticos no estrabismo, que expuxo en decembro de 1958 na Academia Médico-Cirúrxica de Vigo. Froito das súas investigacións sobre esta materia aparece a invención do sinoptóforo, aparello óptico que buscaba reducir a dificultade de percepción visual das persoas estrábicas. Trala súa morte constituíuse en Vigo a Asociación Estrabolóxica Instituto Beiras. Entre as súas obras cómpre destacar: Contribución al tratamiento quirúrgico de la obstrución de las vías lagrimales (1944), Nuevo procedimiento para la oclusión alternativa en el tratamiento del estrabismo (1959), Novas orientaciós na ciruxía da catarata (1964), Tiempo, espazo y esfuerzo en la práctica oftalmológica (1964) e État actuel du Synoptophore à Televisión (Estado actual do sinoptóforo na televisión, 1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento iniciado durante o período nazi por un grupo de cristiáns da igrexa evanxélica alemana, que se opuña á política de intromisión eclesiástica do goberno e á igrexa estatal representada polos Deutsche Christen (Cristiáns Alemáns). Fronte a eles definiu a fe e a misión da Igrexa (sínodo de Barmen, 1934) e instituíu unha administración provisional con autoridade canónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Realizador cinematográfico italiano. Dirixiu numerosos filmes de denuncia contra a opresión das autoridades civís e familiares, o exército e contra todo tipo de poder. O erotismo e o estupro son outras temáticas tratadas por este realizador. Dirixiu La colpa e la pena (A culpa e a pena, 1961), La Cina è vicina (A China está próxima, 1967), Marcia Trionfale (Marcha triunfal, 1977), Gli occhi e la bocca (Os ollos e a boca, 1982), Diavolo in corpo (O diaño no corpo, 1986) e Il Principe di Homburg (O Príncipe de Hamburgo, 1995). Obtivo o Oso de Prata de Berlín en 1990 por La condanna (A condena).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Toureiro. Renovador da tauromaquia, tomou a alternativa en 1913. Atribúeselle unha visión estética e dramática da lidia. Mantivo unha gran competencia con Joselito Gomez o Gallito. Retirouse en 1921.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arco de triunfo romano, no linde de Roda de Berá, elevado sobre a Via Augusta. É de tipo simple: un só arco encadrado por dúas pilastras corintias a cada lado que sosteñen o entaboamento; no seu friso está a inscrición dedicatoria. O total do monumento ten 12,28 m de altura e 12 de anchura. Dunha gran simplicidade decorativa, non posúe relevos, e está dotado dunha grande harmonía de proporcións. Foi edificado ao final do s I a C por orde testamentaria de Lucio Licinio Sura, xeneral de Traxano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bandoleiro calabrés, coñecido por Re Marcone. A súa banda foi desarticulada polo vicerrei de Nápoles, Pedro Afán de Ribera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Leito dos nenos pequenos construído de maneira que non poidan caer e que ao mesmo tempo sirva para arrolalos ao durmir.

    2. Lugar de nacemento dunha persoa ou onde ten orixe algunha cousa. Na tradición popular recóllense ditos como: “O que no berce se aprende, tarde ou nunca se esquece; O berce dá e a tumba leva”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Considerado o pai da poesía castelá, a súa obra literaria sitúase dentro da temática e o estilo do mester de clerecía. A súa produción abarca tres temas: vidas de santos, obras marianas e composicións doutrinais. As primeiras son obras haxiográficas de distribución tripartita. A obra mariana máis famosa, Milagros de Nuestra Señora, consta dunha introdución de tipo alegórico e de vinte e cinco milagres, feitos por intercesión de María. Dentro da tradición mariana medieval escribiu Loores a Nuestra Señora. Na métrica preferiu o uso do alexandrino. Empregou unha linguaxe variada e áxil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nana ou composición instrumental de ritmo suave e inspirada a miúdo no balanceo do arrolo. Foron escritas para piano (La Berceuse en re b op 57 de Chopin), para orquestra (Stravinsky), etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador holandés. Fillo e discípulo do pintor de naturezas mortas Pieter Claesz. Despois dunha estadía en Italia (1642-1645) volveu ao seu país e pintou sobre todo escenas pastorís con motivos italianos. Exerceu unha enorme influencia na paisaxe inglesa e francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta romántico. O seu opúsculo Lettera semiseria di Grisostomo (Carta semiseria de Grisostomo, 1816) está considerada como o manifesto do romanticismo italiano. Foron famosos os poemas I profughi di Parga (Os prófugos de Parga, 1821) e Fantasie (Fantasías, 1829). Intentou a creación dunha linguaxe popular desligada da tradición literaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Baviera, Alemaña, nos contrafortes dos Alpes de Salzburgo (8.169 h [1980]). En 1933 Adolf Hitler fixo construír alí unha residencia de descanso que adquiriu sona mundial ao acoller as negociacións de 1938 con Halifax, Schuschnigg e Neville Chamberlain.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático. Conde de Berchtold. Foi ministro de Asuntos Exteriores entre 1912 e 1915, dende onde promoveu a intervención austríaca nos Balcáns e o acordo co Imperio Alemán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Bierzo ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante do Bierzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, situado no Camiño Francés de Peregrinación a Santiago (242 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor holandés. Seguidor de Pieter Saenredam, a temática da súa obra comprende sobre todo vistas urbanas: Oudegracht de Haarlem (1666). Tamén pintou retratos, escenas de batallas e temas relixiosos. O seu irmán, Gerrit Berckheyde (1638 - 1698), cultivou unha temática semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Meteorólogo sueco. Foi o sistematizador do método noruegués de análise meteorolóxica. Introduciu o concepto de masa de aire, explicou a frontoxénese cinemática e estudiou o mecanismo das precipitacións atmosféricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luis García Berlanga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Piloto militar. Estudiou Filosofía e Letras. Postumamente foi publicada a súa obra San Valerio. Un asceta español del siglo VII (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e ilustrado. Fillo do conde de Prado e neto do conde de Quirós. Foi procurador do concello do Barco de Valdeorras e gobernador e xustiza maior da terra de Barrenes. En 1784 redactou o Manual regio y elementos de real potestad, estudo sobre as regalías do soberano que non recibiu a aprobación do Real e Supremo Consello de Castela e do Colexio de avogados de Madrid para a súa publicación.

    VER O DETALLE DO TERMO