"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • PERSOEIRO

    Compositor. Discípulo de Massià, Toldrà e N. Boulanger. É director da École Normale de Musique de París. Escribiu música relixiosa, orquestral, de cámara e para piano, obras corais, cancións e La pell de brau (A pel do touro, 1967), sobre poemas de Salvador Espriu. Tamén publicou Tractat de solfeig (Tratado de solfexo, 1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director escénico e profesor de Arte Dramática. Foi director da Real Escuela Superior de Arte Dramático (1968-1970), do Institut del Teatre (1971-1980) e do Centre Dramàtic da Generalitat de Catalunya (1982-1988). Desde 1988 é profesor do Institut del Teatre. Como director escénico destacou coa obra La gavina (A gaivota), de Čekhov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico inglés. Comezou como crítico de cine aos dezasete anos. Trasladouse aos EE UU, onde realizou algúns filmes de acción e de xénero fantástico. A súa primeira película foi Catch us if you can (Cóllenos se podes, 1965). Traballou tamén para a televisión realizando documentais. Excalibur (1981), o seu mellor filme, é unha compilación ampla e barroca das lendas arturianas, acompañado da impoñente obra titulada Carmina Burana de Carl Orff. Despois realizou, entre outras, The Emerald Forest (O bosque esmeralda, 1985), Where the Heart is? (Onde está o corazón?, 1991) e Beyond Rangoon (Moito máis alá de Rangún, 1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Madrid. Pretendente carlista á coroa de España co nome de Xaime III, fillo do pretendente Carlos María das Dores de Borbón e Autria-Este. Fixo estudios militares en Austria, ingresou no exército ruso e participou na guerra ruso-xaponesa (1904). Ao morrer o seu pai (1909), proclamou os seus dereitos á coroa de España e reorganizou o Carlismo. En Catalunya tivo numerosos partidarios, denominados jaumins. Durante a Primeira Guerra Mundial foi partidario dos aliados e estivo confinado en Austria. En 1918 publicou un manifesto no que desautorizaba os carlistas partidarios dos alemáns, feito que motivou a escisión carlista denominada como tradicionalismo, dirixida por Juan Vázquez de Mella. En 1931, proclamada a República española, pactou con Afonso XIII o traspaso da solución do preito dinástico á solución dunhas cortes representativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pretendente carlista ao trono español. Primeiro fillo de Xavier de Borbón-Parma. Estableceuse en España en 1957 ata que foi expulsado, en 1968. Recibiu en 1975 a sucesión dinástica do seu pai e en 1977 converteuse en xefe da casa ducal de Parma. Regresou legalmente a España e intentou renovar o Partido Carlista, pero os repetidos fracasos electorais fixérono abandonar a política en 1980. En 1981 separouse da princesa Irene dos Países Baixos con quen casara en 1964. É autor do libro La vía carlista al socialismo autogestionario (1977). O seu irmán Sisto de Borbón-Parma (Pau 1940) pretendeu en 1976 a sucesión e enfrontouse con el nos feitos de Montejurra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Parma (1974-1977). Fillo do duque Roberto I e da súa segunda muller, María Antonia de Portugal. Sucedeu o seu sobriño Roberto II como duque de Parma e xefe desta casa. Durante a Primeira Guerra Mundial foi oficial de artillería do exército belga, e participou xunto co seu irmán Sisto nas negociacións secretas entre o seu cuñado, o Emperador Carlos de Austria, e os aliados. Pretendeu durante algún tempo o trono de Francia, escribiu artigos e algún libro nos que facía valer as orixes francesas da súa familia. En 1936, ao morrer Afonso Carlos de Borbón, foi nomeado rexente da Comunión Tradicionalista e encargado de nomear o sucesor da coroa española. En 1937 manifestou a súa adhesión a Franco, pero en 1945 firmou un manifesto pedíndolle que se retirase. Na Segunda Guerra Mundial organizou en Francia un núcleo de resistencia, sendo deportado a diferentes campos de concentración. En 1952 foi proclamado Rei en Barcelona por un grupo de partidarios. En 1975 renunciou aos seus pretendidos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Especialista en ciencias agrícolas norteamericano. Estudiou na Universidade de Minnesota. Por encargo da fundación Rockefeller desenvolveu en México novos métodos de cultivo do trigo, cos que aumentou a produción mexicana nun 50% en dous anos. Posteriormente, estendeu os seus métodos por América do Sur, Paquistán e a India. Foille outorgado o Premio Nobel da Paz en 1970.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán. Destacado colaborador de Hitler, en 1925 adheriuse ao partido nacionalsocialista. Foi xeneral das SS e xefe do gabinete de Rudolf Hess (1933), a quen sucedeu no mando da Chancelería do partido (1941). Lugartenente de Hitler, desapareceu en estrañas circunstancias trala caída de Berlín no 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade contaxiosa dos equinos (cabalos, asnos) producida pola bacteria Actinobacillus mallei e que se caracteriza principalmente pola inflamación e ulceración da mucosa nasal e dos ganglios linfáticos, o que provoca trastornos respiratorios que mesmo poden levar á morte. Pode ser transmitida a cans, cabras, ovellas e mesmo ao home.

    2. Doenza que afecta ás galiñas que presentan un tumor debaixo da lingua e que pode chegar a asfixialas.

    3. Estado da persoa que pola falta de sono experimenta unha sensación de atordamento e de cansazo mental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía (6.839 h [1996]). Situado 5 km ao SO de Sevilla, a súa economía, tradicionalmente baseada na agricultura especializada nos produtos mediterráneos (oliveira, viña e cereais), experimentou unha reorientación debida á súa inclusión na área metropolitana hispalense, causada pola expansión residencial da cidade, feito que provocou a aceleración do seu crecemento demográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dunha das teorías da calor específica dun sólido cristalino, baseada na aplicación dun espectro acústico ás vibracións da rede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De forma cilíndrica alongada, lixeiramente curvada e con extremos redondeados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propietarios do Cirque d’Hiver de París, coñecidos por ser animadores destacados do circo en Francia e no resto de Europa. Actuaban como domadores de feras e cabalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que tamén se coñece o reumatismo poliarticular agudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e narrador. Doutor en Filosofía, catedrático de Socioloxía na Facultade de Ciencias da Información da Universidad Complutense e na Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidad Nacional de Educación a Distancia. Publicou traballos de investigación relacionados coa súa especialidade como Procedimientos retóricos del cartel (1983), Sociología contemporánea. Ocho temas a debate (1984) e Cambiar de vida: pautas para superar los conflitos y las crisis personales (1998). A súa dedicación á literatura comezou nos anos oitenta con colaboracións poéticas en Grial, e en 1980 publicou a novela Memoria do diaño, á que seguiron as dúas novelas breves contidas en Longo voo de paxaro (1987). En verso é autor dos poemarios O tempo na auga (1985) e Labirinto de inverno (1987), co que acadou o Premio da Crítica Española en 1990. En castelán, ademais de ser finalista nas tres edicións do Premio Ocnos, publicou a novela...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e polígrafo. Durante a súa etapa de estudante universitario implicouse nos movementos culturais e artísticos da época, conciliando desde o comezo a súa actividade como xurista e a súa vertente investigadora e artística. A súa formación viuse consolidada con dúas viaxes de estudios: en 1929 desprazouse á Bretaña, pensionado pola Universidade e pola Junta de Ampliación de Estudios, e en 1933 a Portugal, xunto con Florentino López Cuevillas, con quen mantivo unha intensa relación de amizade e colaboración, especialmente nos ámbitos da Prehistoria e a Arqueoloxía. As relacións entre Galicia e Portugal serán un referente importante nalgúns dos seus traballos que, en moitos casos viron a luz en publicacións lusas como Bracara Augusta ou Douro-litoral. No tocante ao seu labor xurídico, en 1929 foi nomeado xuíz de primeira instancia, pero a chegada da Guerra Civil ocasionoulle serios problemas profesionais que o apartaron do servicio. Tras ser rehabilitado no ano 1938, exerceu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Litólogo canadense. Foi un dos iniciadores da Litoloxía Experimental. Traballou na Carnegie Institution de Washington onde estudiou a cristalización dos minerais. A súa obra máis importante é The evolution of the igneous rocks (A evolución das rocas ígneas, 1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma ou natureza de bráctea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    A área do cuadrilátero de lados de lonxitudes a, b, c e d é:

    FORMULAS:

    = Ö(p-a) (p-b) (p-c) (p-d)   onde p = 1/2 (a+b+c+d)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica do mundo do marketing, que consiste na acumulación e posterior elaboración e síntese das ideas orixinadas por unha asociación libre e espontánea, ao redor dun núcleo temático. Estas ideas xorden dun equipo de persoas reunidas. É un método eficiente, especialmente para a busca de slogans, para a mellora de certas técnicas de venda. Pódese aplicar a outros campos, por exemplo aos procesos de elaboración de decisións.

    VER O DETALLE DO TERMO