"Rel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 842.

  • PERSOEIRO

    Emperador romano (286-305 e 307-308). Foi enviado á Galia co título de césar durante o goberno do Emperador Diocleciano para reprimir a revolta dos bagaudas. Nomeado emperador en 286, acadou o mando sobre as provincias occidentais e residiu en Tréveris. Seguindo o exemplo de Diocleciano, abdicou e retirouse a Lucania (305), pero volveu ao poder en 307 e, despois de rexeitar o seu fillo Maxencio, nomeou emperador a Constantino I. Foi obrigado a abdicar novamante en 308.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que serve para mazar o leite e obter manteiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Compostela. Aparece nomeada no Codex Calixtinus como Macerellis e era unha das antigas portas de entrada á cidade, a única que se conserva desde 1871. Pertenceu á segunda muralla defensiva de Santiago de Compostela (s XII), que fora reformada tralo ataque de Almanzor á cidade en 997. Realizouse en cantería e está constituída por un arco de medio punto peraltado. Na parte S ten unha edificación acaroada, que conserva as bases do torreón de defensa que flanqueaba a porta. Comunica a Praza de Mazarelos coa rúa Fonte de Santo Antón e o convento das Mercedarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relevo escultórico en que as figuras están proxectadas á metade do seu groso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, escultor, ourive e decorador italiano. En 1726 foi designado ourive e decorador oficial do Rei Luís XV de Francia. Foi un dos mestres da decoración rocalla e caracterizouse por un forte gusto polo exuberante e imaxinativo. Escribiu varios tratados sobre decoración, como Livre d’ornemens inventez et dessinez par Meissonnier (1734).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Excrecencia carnosa eréctil que posúen na cabeza algúns animais.

    2. Apéndice carnoso que teñen algúns animais, especialmente a cabra e o galo, na parte anterior do pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Doutor en Dereito e catedrático de Dereito Mercantil en diferentes universidades, foi ministro de Educación e Ciencia (1976-1977) e maxistrado do Tribunal Constitucional. Foi nomeado decano de honor da facultade de Dereito da Universidad Autónoma de Madrid e membro permanente do Comité Marítimo Internacional. Escribiu Transformación, fusión y escisión de la sociedad anónima (1993), El Derecho, la Ley y el juez (1997) e Disolución y liquidación de la sociedad anónima: (artículos 260 a 281 de la Ley de Sociedades Anónimas) (2002). É doutor honoris causa polas universidades de Oviedo e Carlos III de Madrid, recibiu a Gran Cruz de Alfonso X El Sabio e a de Carlos III, así como o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociales (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Músico medieval que cantaba e bailaba.

    2. Músico ambulante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Iniciou a súa andaina no teatro independente da Coruña, con diversos espectáculos de Teatro Circo e da Escola Dramática Galega, e desenvolveu unha grande actividade como actriz de dobraxe. Participou na fundación da Compañía Luís Seoane e traballou en espectáculos como As criadas (1980), Muller de mulleres (1982) ou Fausto (1984). Co Centro Dramático Galego interveu en Caderno de Bitácora (1985), As tres irmás (1987) e A casa dos afogados (1991), ademais de colaborar con Teatro do Atlántico e Producións Librescena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista, fillo de Domingo Antonio Merelles. Foi deputado por Ourense (1869-1871) e por Ribadavia en doce lexislaturas entre 1871 e 1910. Nomeado senador pola provincia de Ourense (1891-1893 e 1896-1898), foi director xeral de Administración e Fomento no ministerio de Ultramar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Foi deputado pola provincia de Ourense (1839) e polo distrito de Carballiño (1858-1862). Durante o Levantamento de 1846 formou parte da Xunta Superior Provisional de Goberno de Galicia. Militou no liberalismo progresista ata que, en 1858, se afiliou á Unión Liberal. Foi senador pola provincia de Ourense (1871-1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Iniciou o seu labor xornalístico no diario Madrid e posteriormente exerceu como correspondente dos xornais Ya e La Vanguardia en Rabat, Lisboa e diversos países de América Latina. Xefe da sección internacional de El País, colaborou con diversas revistas, como Cuadernos para el Diálogo, Revista de Occidente e Papeles de Son Armadans. Publicou Galicia: éxodo y desarrollo (1967), Galicia: de la estética al subdesarrollo (1970), El pensamiento filosófico de Julián Besteiro (1971), La Comuna de París: ensayo sobre un mito histórico (1971), El Atlántico Sur: un estudo político-estratégico (1984), con Antonio Sánchez-Gijón; Europa y el Mediterráneo, perspectivas de la Conferencia de Barcelona (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome da parte occidental de Xeorxia, entre o Cáucaso e o Rioni, que se estendía pola actual República Autónoma de Abhasia e as rexións de Kutaisi e de Poti.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Mingrelia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Mingrelia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo mingreliano.

      2. Individuo do pobo mingreliano.

      3. Pobo caucásico, establecido en Xeorxia, na rexión que lle dá nome, que corresponde en parte a antiga Cólquida.

    1. Lingua kartveliana do phylum caucásico, de características moi semellantes ao xeorxiano, que fala o pobo mingreliano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Concelleiro e voceiro do concello do Carballiño (1979) e deputado provincial por Ourense (1979-1987), foi deputado no Parlamento de Galicia por UCD (1981-1985), para pasar a Coalición Galega (1985-1989) ata a súa incorporación ao Partido Popular-Centristas de Galicia (1990-1993) e logo ao PP (1993-1997). Nomeado director xeral de Turismo (1997), pasou á Secretaría Xeral de Comunidades Galegas (2001) para, desde xaneiro de 2003 ocupar o cargo de conselleiro de Emigración e Cooperación Exterior. Foi relator de numerosas leis, das que destacan a de Normalización Lingüística. Impulsor da Fundación Galicia Emigración, recibiu o doutor honoris causa pola Universidad de Buenos Aires (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Mirela entre A Canda e Barrán, en Piñor. Datada posiblemente no s XV, trátase dunha ponte de cantaría con arco de medio punto e rasante horizontal. Atópase no antigo Camiño Real de Cotelas (A Canda) ao Reino (Carballeda).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Pedras en Lesón (A Pobra do Caramiñal). Data do s XIV e está construída en cantaría e cachotaría con arcos de medio punto. Ten un só van e sitúase no antigo Camiño Real do Caramiñal a Lesón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo estadounidense. Estudou a relación do psíquico co físico e opúxose á interpretación behaviorista da consciencia e do realismo físico. Adoptou unha forma de neorrealismo capaz de ofrecerlle un método, mediante o que elaborou unha metafísica que se cualificou como materialismo animista. Publicou The Ways of Knowing or the Methods of Philosophy (1944) e Great Vision of Philosophy (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e hispanista. Centrou os seus estudos sobre todo no s XVIII e no Século de Ouro. Da súa produción destacan Estudios sobre España (1888-1925), España en los ss. XVI y XVII (1878), Recopilación de las instruciones dadas a los embajadores y ministros de Francia desde los tratados de Westfalia hasta la Revolución Francesa. España (1894-1899) e, con Paz y Meliá, Vida de Carlos III (1898).

    VER O DETALLE DO TERMO