Merelas Gómez, Luísa

Merelas Gómez, Luísa

Actriz. Iniciou a súa andaina no teatro independente da Coruña, con diversos espectáculos de Teatro Circo e da Escola Dramática Galega, e desenvolveu unha grande actividade como actriz de dobraxe. Participou na fundación da Compañía Luís Seoane e traballou en espectáculos como As criadas (1980), Muller de mulleres (1982) ou Fausto (1984). Co Centro Dramático Galego interveu en Caderno de Bitácora (1985), As tres irmás (1987) e A casa dos afogados (1991), ademais de colaborar con Teatro do Atlántico e Producións Librescena.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña