"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de Michel Eyquem de Montaigne publicada en 1580 co título de Essais de messire Michel, seigneur de Montaigne (Ensaios do señor Michel, señor de Montaigne). A obra recolle as reflexións dun home de cincuenta anos tras unha longa viaxe por Europa. O personaxe pregúntase se levou unha vida feliz, co que inicia unha investigación consigo mesmo. A través do personaxe, Montaigne analizou as contradicións nas que se cae cando se fai a comparación entre as teorías aprendidas dos mestres na infancia e o que a vida, a experiencia, as lecturas e a observación dos costumes e das crenzas doutros países suxiren. Rematan nunha formulación escéptica, nunha actitude de dúbida que non fundamenta a perda de fe no home, senón a aceptación da necesidade de vivir comprendendo as feblezas do xénero humano.
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, situada na costa atlántica de Marrocos (42.035 h [1982]). Importante centro comercial e turístico. Fundada polos fenicios no s VII a C, foi coñecida ata o s XVI co nome árabe de Al-Mogdūl. En 1506 os portugueses construíron alí a primeira fortificación portuguesa no N de África e en 1765 reconstruíuna o monarca alauita Sidi Mohammed Ben Abdellah segundo os deseños do arquitecto francés T. Cornut. Do seu patrimonio cultural destacan o porto de Mogador, a antiga cidadela, o barrio de Qasbah e a medina (ss XIX-XX).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Marrocos (6.335 km2; 434.000 h [estim 1994]). A súa capital é Essaouira.
-
CIDADES
Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, na marxe dereita do Rin (599.515 h [2000]). É un importante nó ferroviario e núcleo industrial. Destaca a fabricación de maquinaria, vidro, materiais de construción e a produción de ferro e aceiro. Tamén é un centro comercial que se beneficia dunha boa rede de comunicacións. Cruzamento de camiños, foi desde a Idade Media ata mediados do s XIX un pequeno estado imperial dirixido polos abades do mosteiro beneditino construído na vila no s IX. A cidade desenvolveuse economicamente durante o s XIX, cando se converteu na sede das industrias do aceiro Krupp. Durante a Segunda Guerra Mundial foi practicamente destruída. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral románica. O complexo industrial da mina de carbón de Zollverein foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2001.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político sueco. Axudante de campo do Rei Gustavo III e gobernador de Pomerania (1800), dirixiu os exércitos que contiveron o cerco francés á cidade de Stralsund (1807). Embaixador en París, asinou a paz cos franceses en 1810. En 1814 dirixiu o exército sueco que invadiu Noruega e desde 1817 foi vicerrei deste país.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Guyana, cunha dirección S-N. Nace ao N da serra Acarai e desemboca despois dun percorrido de 750 km no Atlántico, preto de Georgetown.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Inglaterra, Reino Unido (3.469 km2; 1.294.700 h [estim 1998]). A capital é Chelmsford.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Robert Devereux.
-
CIDADES
Cidade do land de Baden-Württemberg, Alemaña, situada na marxe dereita do río Neckar (91.500 h [1990]). A base da súa economía é a industria, coa que se converteu nos últimos anos nun dos grandes núcleos téxtiles de Alemaña. Fundada no s VIII, foi cidade imperial libre desde o s XIII ata mediados do s XIX, que pasou a depender de Württemberg. Do seu patrimonio cultural destacan o castelo (ss XIII-XVI), a igrexa de Santa María (ss XIV- XV) e o edificio do concello (s XV).
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento da Île-de-France, Francia, atravesado polo río Seine (1.804 km2; 1.134.238 h [1999]). A capital é Évry (49.337 h [1997]). Tradicionalmente, a base da súa economía foi a agricultura, principalmente o cultivo de cereais e froiteiras. Nos últimos anos tratouse de impulsar a industria, polo que se crearon pequenas fábricas de maquinaria e compoñentes electrónicos ao NO, preto da capital.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Wessex (839-858), fillo e sucesor de Egberto de Wessex. Durante o seu reinado freou o avance danés, aínda que non conseguiu que os outros reinos anglosaxóns aceptasen a supremacía de Wessex.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Axencia de comunicación fundada en 1957 por Torcuato Luca de Tena, Rafael Calvo Serer, Antonio Fontán, Gonzalo Fernández de la Mora, Ángel Benito e Andrés Rueda. Dedicada inicialmente á distribución de libros e servicios de documentación, a partir de 1959, coa incorporación de Carlos Soria, variou a súa orientación cara ás reportaxes gráficas. En 1964 conseguiu a autorización para difundir noticias e asinou un contrato con Associated Press para distribuír un servizo gráfico mundial. En 1966, coa nova Lei de Prensa, comezou a transmitir o seu servizo de noticias, que constaba de seis informacións diarias. En 1982 comezou a edición do boletín Report from Spain en inglés, que se envía a empresas estranxeiras e embaixadas interesadas na realidade española. En 1988 informatizou todos os servicios informativos e dende 1995 modificou as súas transmisións a través do sistema Datacast. No mesmo ano comezou a distribuír información financeira a través do Ibertex e Tele 5, e promoveu Canal Guía TV,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación Europea de Axencias de Comunicación fundada en 1959 co nome de European Association of Advertising Agencies (EAAA). Con sede en Bruxelas, agrupa as asociacións nacionais de axencias publicitarias e de mercadotecnia de trinta estados europeos. Subdivídese na National Association Council (NAC), na International Agencies Council (IAC) e na Media Agencias Council (MAC). A Asociación Española de Agencias de Publicidad (AEAP) está integrada nesta entidade paneuropea.
-
PERSOEIRO
Escritor e filósofo grego. Elaborou un sistema filosófico relixioso no que se consideraban os deuses como homes exaltados polo temor ou a admiración dos seus concidadáns. Das súas obras consérvanse Historia Sagrada e Panquea.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que significa ‘expresamente’, ‘co propósito exclusivo de’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
1expreso.
-
PERSOEIRO
Poeta islandés. Escribiu Lilja (O lirio), poema dedicado á nai de Deus que reflicte a través da súa simboloxía a mentalidade medieval de Islandia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, fillo de Pietro Falca. Coñecido como Alessandro Longhi, destacou como retratista. As súas obras, entre as que destaca Domenico Cimarosa, reflectiron a caracterización individual e psicolóxica do retratado. Publicou Compendio della vita dei pittori veneziani istorici (1762).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Parma e Piacenza (1586-1592). Coñecido como O Gran Capitán, estivo ao servizo da Coroa de Castela. Combateu na Batalla de Lepanto (1571) e foi lugartenente xeral de Catalunya (1576-1577). En 1577 dirixiu os tercios italianos que, trala Batalla de Gembloux (1578), recuperaron as provincias católicas do S dos Países Baixos. Antes de morrer, Xoán de Austria nomeouno capitán do exército e gobernador dos Países Baixos (1578-1582), cargo que lle confirmou Filipe II. Tentou reunir as provincias valonas e en 1579 ocupou Maastricht e asinou a Unión de Arras (1579), na que se deu validez ao Edito Perpetuo e se decidiu a saída dos tercios casteláns de Flandres. O enfrontamento coas provincias do N, a Unión de Utrecht, produciuse trala proclamación do duque de Anjou como gobernador de Flandres (1581) e obrigouno a abandonar o sitio de Cambrai (1581) e asediar Anveres, que non capitulou ata 1585. En 1590, Filipe II enviouno a Francia para prestar axuda á Liga Católica no asedio de...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mezzosoprano. Debutou en Múnic en 1961 e cantou nos principais teatros europeos e estadounidenses. Do seu repertorio destacan as óperas de W. A. Mozart e R. Strauss.
VER O DETALLE DO TERMO