"Ya" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 670.

  • ila gabaonita de Palestina, situada preto de Xerusalén. Sometida polos israelitas, foi agregada a Xudea. Nela permaneceu, en mans dos filisteos, a arca da alianza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista, poeta, lexicógrafo e historiador. Guerreiro dos omeias e descendente da nobreza visigoda, escribiu Ta’rī) iftitā ḥ al-Andalus (Historia da conquista de Al-Andalus).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo quimbaya.

    2. Individuo do pobo quimbaya.

    3. Pobo indíxena precolombino de Colombia, extinguido, que vivía no val central do río Cauca, nos actuais departamentos de Caldas e Antioquía. Posuía una destacada cultura, e todos os restos atopados proveñen de lugares de enterramento. Ao lado dos corpos colocábanse as ofrendas: cerámica fina e sobre todo pezas de ourivaría. As manifestacións artísticas son naturalistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, marqués de Almeiras. Discípulo de Castelao e do valenciano F. Martín Marqués, foi catedrático de Debuxo na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos da Coruña. Director do Museo Provincial de Belas Artes da Coruña (1969-1986), destacou como retratista, aínda que tamén cultivou as paisaxes e as composicións, ademais da ilustración. Nas súas obras reproduciu unha natureza humanizada cunha técnica en que destacou a importancia do debuxo. A súa obra caracterizouse pola harmonía compositiva e colorista, pola naturalidade das súas representacións e polo abandono en parte das fórmulas clásicas para introducirse no impresionismo. Nos seus retratos intentou plasmar o ánimo dos personaxes máis alá dos seus trazos físicos. En 1925 presentou na Exposición Nacional de Bellas Artes El Berbés e Retrato de Álvaro Cebreiro. Realizou os retratos dos premiados no Día das Letras Galegas e os de Francisco Franco, Salvador Golpe (1969) e Xoán Carlos I,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida como Anna Seghers, das súas obras, enmarcadas no realismo socialista, destacan Das siebte Kreuz (A sétima cruz, 1942), Die Entscheidung (A decisión, 1959) e Das Vertrauen (A confianza, 1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia do Punjab, Paquistán, situada nunha chaira aluvial ao longo dos ríos Panjnad e Indo (228.479 h [1998]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Tamil Nadū, India, situada ao pé dos Ghates Occidentais (114.042 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político húngaro. Bolxevique, foi enviado a Moscova en 1940, de onde regresou coas tropas soviéticas (1945) para converterse en secretario xeral do Magyar Kommunista Párt (Partido Comunista Húngaro, MKP). Stalinista acérrimo, foi primeiro ministro de Hungría (1952-1953). Refuxiado na URSS, foi excluído do partido (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema épico sánscrito, atribuído a Valmiki, que celebra as xestas de Rāma. A súa redacción definitiva é do s II. Co Mahābhārata, forman parte da tradición (smirti) e gozan de autoridade relixiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico indio. Recibiu unha grande influencia do seu amigo R. Tagore e, en 1951, realizou o seu primeiro filme, Pater Panchali (O lamento da píllara, 1925), que xunto con Apur sansar (O mundo de Apur, 1954) e Aparajito (O invencible, 1957) conforman unha triloxía. Destacan tamén Kanchenjungha (1962), Gamashatru (Un inimigo da xente, 1989) e Agantuk (O estranxeiro, 1991). En 1991 recibiu un Oscar honorífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Asociado con Cristóbal Crespo González e Carlos Luis Quintáns Eiras, as súas obras caracterizáronse pola austeridade de volumes e a integración das construcións no seu contorno. Destacan a nova sede da delegación do COAG da Coruña (1993, Premio COAG 1994 e Premio Julio Galán Carvajal 1995); as piscinas para a deputación da Coruña (Premio COAG 2000); e a piscina cuberta da Laracha (Premio COAG 2000 e Premio Julio Galán Carbajal 2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e filósofo persa. Coñecido en Occidente como Rhazes, foi xunto con Avicena o médico máis destacado da Idade Media. Autor de numerosos escritos médicos, o máis coñecido é o Kitāb al-Hāwī (en latín Continens), a enciclopedia médica usada en Europa ata o s XVI. En filosofía escribiu máis de corenta obras e negou a posibilidade de conciliar pensamento filosófico e relixión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Santa Margarida del Penedès 1185? - Barcelona 1275) Eclesiástico. Estudou dereito canónico en Boloña (1217-1222) e fundou, xunto con san Pedro Nolasco, a orde da Mercé. Segundo a tradición foi nadando desde Mallorca a Barcelona axeonllado sobre as augas ou sobre o seu manto. Redactou os Decretais por encargo do Papa Gregorio IX e foi autor dunha Summa Iuris canonici. Pola súa obra lexislativa considérase o patrón dos avogados. Canonizárono en 1601. Iconograficamente represéntase cunha capa negra (dominicano), cunha chave de ouro (penitenciario de Roma), cunha pluma (por ser escritor) e cunha mitra no chan (por renunciar á dignidade de bispo). Ás veces aparece navegando sobre o seu manto (atributo persoal). A súa festividade celébrase o 7 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, arquitecto e decorador checo. Tivo unha intervención decisiva na etapa final do gótico en Bohemia. Rematou a catedral de Santa Bárbara de Kutná Hora e decorou o torre da Pólvora en Praga (1477).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión administrativa e política entre Rhodesia do Sur (actual Zimbabwe), Rhodesia do Norte (actual Zambia) e Nyasalandia (actual Malawi), desde 1953 a 1963 co nome de Federación Centroafricana. A partir da década de 1930 a presión simultánea desde Salisbury e Lusaka para crear unha federación que incluíse tamén Nyasalandia chocou cunha forte resistencia en Londres, que quería garantir os dereitos dos africanos. Non obstante, a insistencia dos brancos de Rhodesia do Sur atopou un apoio favorable entre os conservadores británicos. En 1953 o goberno de W. Churchill autorizou a creación dunha federación cunha ampla autonomía, que conseguiu diversos avances económicos, pero topou coa resistencia dos nacionalistas africanos estimulados pola independencia de toda África negra e dirixidos por Hastings Banda en Nyasalandia e por Kennet Kaunda en Rhodesia do Norte. A federación disolveuse definitivamente o 31 de decembro de 1963.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Coñecido como Hyacinthe Rigaud, foi o pintor máis representativo da corte de Luís XIV. Nun mundo onde triunfa o clasicismo maxestuoso pero moderado, introduciu e fixo triunfar a pomposa ampulosidade dos seus retratos, inequivocamente barrocos. Entre outros destacan o Arcebispo de Albi (1685), o Duque de Orleans (1688), Luís XIV (1694), Hardouin-Mansart (1695) e o Duque de Anjou (1700). Foi reitor (1733) da Académie Royale.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hyacinthe Rigau y Ros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Arabia Saudí, situada nun fértil oasis (2.800.000 h [1996]). É o principal centro comercial dos desertos de Arabia. Orixinariamente era unha compacta cidade amurallada que, a partir de 1946, foi ensanchada e modernizada. Centro do wahhabismo, desenvolveu no s XIX e substituíu á Meca como capital de Arabia Saudí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Copiloto de rallyes. Entre os anos 1988 e 2003 disputou con Carlos Sainz o campionato do mundo, título que conseguiu en 1990 e 1992. En 2003 converteuse no director deportivo de Subaru Rally Team.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forza aérea inglesa formada en 1918 pola fusión do corpo aeronáutico co servizo aéreo naval. Durante a Segunda Guerra Mundial salvou a Reino Unido da invasión.

    VER O DETALLE DO TERMO