"sin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 907.

  • CAPITAIS

    Capital do il de Içel, na rexión de Costa do Mediterráneo, Turquía (501.398 h [1997]), que está situada na costa mediterránea. É un centro comercial da chaira de Cilicia e posúe unha refinaría de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, situada no NL da illa de Sicilia, Italia (236.621 h [2001]). A cidade emprázase, en forma de anfiteatro, sobre unha baía do estreito de Messina. A actividade do seu porto, noutros tempos importante, redúcese ao transporte de viaxeiros á península. Antiga Zancle, fundada por piratas de Cumas, pasou ao poder dos samnitas e, no s V a C, dos mesenios, que lle deron o nome actual. En 289 a C, foi conquistada polos marmetinos, que na loita contra os cartaxineses, pediron axuda aos romanos, que tomaron a cidade e se converteron nos seus aliados. Dominada desde 468 polos vándalos e, posteriormente, polos ostrogodos, foi conquistada (531) por Belisario. Dominada polos árabes (842) e polos normandos (1061), en 1282 tomou parte nas Vésperas Sicilianas. Do seu patrimonio cultural destacan a necrópole romana (ss II-III) e diversos templos cristiáns, a catedral a igrexa da Annunziata dei Catalani (s XI) e a de Santa Maria la Cattolica, situada sobre un panteón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Sicilia (3.248 km2; 641.753 h [2001]). A súa capital é Messina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia internacional que se celebrou o 1 de marzo de 1955 en que participaron os ministros dos sete países pertencentes á Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA). Estableceron as bases para o Tratado de Roma (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo de mar que separa Sicilia da Península Itálica e comunica os mares Tirreno e Xónico. Supuxo sempre un perigo para a navegación, que se reflectiu na mitoloxía cos monstros Caribdis e Escila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francesco Maurolico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Piso do Mioceno Superior, entre o Plioceno Inferior e o Tortoniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Messiniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proteína fibrosa que forma parte do tecido muscular e que é a causa das propiedades contráctiles e elásticas do músculo. É unha proteína complexa que contén dous compoñentes: a meromiosina lixeira (LMM), formada por unha espiral , enrolada e dunha gran regularidade estrutural, e a meromiosina pesada (HMM), que consta dunha cabeza globular alongada e unha cola máis ou menos helicoide. A HMM é o compoñente onde se atopan os puntos de combinación coa actina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suco dun xeosinclinal, de tipo marxinal ou asimétrico, situado entre dous cratóns, con pouca subsidencia e onde en xeral non hai fenómenos magmáticos. Nas rexións máis próximas aos cratóns, xeralmente con características de ambiente xeotectónico de plataforma inestable, pódense orixinar formacións de dolomitas e evaporitas e, con maior frecuencia, arxilas e greses avermellados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima que se atopa nas sementes da planta da mostaza negra e que dá aroma de mostaza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de Canadá, situado na banda meridional da península do Labrador. Desauga na baía James a través do río Rupert (2.185 km2).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deusa grega, personificación da memoria. De acordo coa Teogonia de Hesíodo era filla de Urano e Xea, e da súa unión con Zeus durante nove noites seguidas naceron as nove musas. Simboliza o triunfo do espírito sobre a materia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calzado usado polos amerindios, feito de pel sen curtir.

    2. Tipo de calzado plano, xeralmente feito de dúas pezas e pel moi suave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Xende e Xesta (A Lama). O seu cumio acada os 725 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado sobre o outeiro homónimo (519 m) situado entre Nápoles e Roma, ao lado da cidade de Cassino. Foi fundado por san Bieito, arredor do 529, sobre o emprazamento dun antigo templo de Apolo. Destruído polos longobardos arredor de 580, foi reconstruído en 717 e novamente a mediados do s X, despois de ser destruído polos sarracenos en 883. Arredor de 949 os moxes volveron a el e durante século seguinte, baixo o goberno do futuro Papa Víctor III, o mosteiro converteuse nun gran centro cultural e artístico, moi influínte na política da época. Destruído por un terremoto en 1349, poucos anos despois iniciouse a reedificación, pero durante a Segunda Guerra Mundial, o mosteiro foi practicamente arrasado por un bombardeo aliado (1944). Comezados os traballos de reconstrución en 1945, o Papa Paulo VI consagrou a súa basílica en 1964.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Monterroso ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Monterroso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo. Licenciouse (1806) en Medicina na Universidad de Salamanca. De ideas liberais, foi deputado en 1822 e, co restablecemento do absolutismo, emigrou a Inglaterra (1823-1833). De volta a España, participou activamente nas reformas escolares dos liberais e foi o primeiro director da Escuela Normal de Maestros. En 1836 foi nomeado conselleiro de Instrución Pública e, en 1838, impulsou a Sociedad para Propagar y Mejorar la Educación del Pueblo, asociación que creou os catro primeiros xardíns de infancia de España. Escribiu Manual para los maestros de escuelas de párvulos (1840), primeiro tratado teórico realizado en España sobre este tema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (2.774 h [2001]). A súa economía baséase no sector terciario, orientado ao turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á morfosintaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO