Montesino, Pablo

Montesino, Pablo

Pedagogo. Licenciouse (1806) en Medicina na Universidad de Salamanca. De ideas liberais, foi deputado en 1822 e, co restablecemento do absolutismo, emigrou a Inglaterra (1823-1833). De volta a España, participou activamente nas reformas escolares dos liberais e foi o primeiro director da Escuela Normal de Maestros. En 1836 foi nomeado conselleiro de Instrución Pública e, en 1838, impulsou a Sociedad para Propagar y Mejorar la Educación del Pueblo, asociación que creou os catro primeiros xardíns de infancia de España. Escribiu Manual para los maestros de escuelas de párvulos (1840), primeiro tratado teórico realizado en España sobre este tema.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Fuente del Carnero, Zamora

  • Deceso