"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a aquela palabra na que o seu aspecto semántico predomina sobre o sintáctico ou funcional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transformador provisto dun único enrodelamento por columna que fai simultaneamente os papeis de primario e de secundario. Os terminais do circuíto de alta tensión son sacados do enrodelamento e, os de baixa tensión, dun punto do medio. Pode servir como elevador ou como redutor de tensión. É máis económico que un transformador común, pero no caso de cortarse fortuitamente o enrodelamento común, o circuíto de baixa tensión recibe a alta tensión directamente, e iso limita o seu uso.
-
-
-
Método de urxencia que consiste en conseguir un volume de sangue adecuado nos sectores máis vitais do sistema circulatorio. Isto conséguese comprimindo cunha vendaxe os puntos máis distais do sistema (brazos e pernas), reducindo así o continente.
-
Método para retornar o sangue extravasado á circulación. O sangue vertido na cavidade peritoneal, sobre todo en casos de ruptura dun embarazo ectópico ou do bazo, recóllese durante a intervención cirúrxica e transfúndese inmediatamente á circulación xeral do paciente.
-
-
Transfusión do propio sangue recollido con antelación cando está prevista unha necesidade futura, como é o caso da práctica dunha intervención cirúrxica. Este método evita a posibilidade de transmisión de enfermidades infecciosas e os efectos secundarios que eventualmente se producen nas transfusións de sangue de doadores. Se esta técnica se emprega en deportistas ou en animais de carreiras considérase dopaxe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso cirúrxico de restauración de partes danadas, mutiladas ou que faltan dun organismo, por transferencia de tecidos obtidos previamente do mesmo organismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da xeobotánica que se ocupa do estudo de cada taxon particular, en oposición á sinxeobotánica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe provenzal que se asentou en España en tempos de Filipe V. Os seus membros ocuparon altos cargos na Armada española, cruzándose adoito con cabaleiros de Santiago. A rama que se espallou por Vigo descende de Pedro Autrán, un dos irmáns almirantes que chegaron a España na época de Filipe V; no escudo da casa de Láncara locen as armas dos Autrán, logo de entroncar coa nobre caste dos Suárez de Deza e Flórez de Losada. As súas armas levan, en campo de prata, unha torre de pedra, aclarada de sable, sobre a que descansa unha aguia voante da súa cor adestrada, despregada e coroada de ouro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Autuniano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
División do Pérmico inferior, situada por riba do Estefaniano e baixo o Saxoniano. Recibe o nome da localidade francesa de Autun (Borgoña).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Auversiano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte inferior do Eoceno superior na bacía de París. Termo de valor moi local que equivalería ao Bartoniano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
No modelo actancial de Greimas (Sémantique struturale, 1966) é a competencia modal do suxeito dotado das dimensións de “poder facer” ou “non poder facer” a realización dun programa narrativo. Nalgúns casos o suxeito engloba ambas as dúas estruturas modais; noutros, o auxiliante desdóbrase en dous actantes: o adxuvante, auxiliante positivo do suxeito que corresponde ao poder facer, e o opoñente, auxiliante negativo do suxeito que corresponde ao non poder facer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construciones y Auxiliar de Ferrocarriles, SA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: alude.
-
PERSOEIRO
Marqués de Pescara e conde de Loreto. Era fillo de Afonso e de Diana de Cardona. Participou activamente nas loitas militares de Italia entre 1512 e 1525, ao servizo de Fernando II de Aragón e do Emperador Carlos V. No ano 1521 contribuíu á conquista do Milanesado e no 1525 foi o artífice da vitoria de Carlos V en Pavía. Foi gobernador da illa de Ischia e camarlengo do Reino de Nápoles.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de avanzar ou avanzarse.
-
Feito de ir cara a adiante
-
Partida ou unidade que está máis adiantada ou que marcha por diante do grupo principal das forzas.
-
Tempo que se fai transcorrer entre o salto da chispa ou o inicio da inxección e o punto morto superior (PMS), nos motores de acendido por chispa ou de acendido por compresión, respectivamente. O avance é preciso para poder obter a máxima presión por combustión total, no momento no que o pistón acada o PMS, e aproveitar optimamente esa expansión. O avance debe ser variable, cousa que se acada grazas ao variador de avance, ou ben automatico nos motores con acendido electrónico.
-
Fragmentos breves ou resumos dunha película, dun informativo ou de calquera outro programa, que se insiren dentro da emisión televisiva ou radiofónica co obxecto de anuncialos e desenvolvelos con posterioridade de forma ampliada.
-
-
avance rápido
Sistema que permite localizar imaxes ou puntos concretos nunha serie de datos.
-
avance rápido de gravación
Control en diversos aparellos electrónicos e informáticos que permite avanzar nunha gravación a unha velocidade superior á de reprodución.
-
avance rápido
-
Termo da poética francesa que identifica un tipo de rima que depende dos fonemas finais dos versos. Considérase rima por avance cando se engade un fonema á vogal tónica da palabra en posición de rima que non aparece na palabra seguinte en posición de rima. É o procedemento contrario á rima por aumento.
-
Nunha máquina-ferramenta, movemento relativo que expón sucesivamente novas partes da peza á acción de corte da propia ferramenta. O accionamento do avance é xeralmente mecánico e, eventualmente, hidráulico ou pneumático. O avance, que pode ser lonxitudinal, transversal ou combinado, inflúe directamente na rugosidade da superficie mecanizada.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal aparecido na Coruña a finais do século XIX de tendencia conservadora. En 1886 estaba dirixido por Ezequiel Fernández Miranda, fundador tamén de El Avisador.
-
PERSOEIRO
Escritor italiano barroco en lingua latina, coñecido tamén como Avancinus. Escribiu algúns dramas de gran aparato escénico, de entre os que destaca Pietas Vitrix (A piedade vitoriosa, 1659). É autor tamén de poesías e de obras teolóxicas, haxiográficas e ascéticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Superar un obstáculo que corte o paso saltando por riba.
-
Andar á presa con grandes pasos.
-
Cambalear algo ou alguén ao perder o equilibrio.
-
Ir para adiante.
-
-
-
de avantaxar.
-
Que leva vantaxe, que vai por diante.
-
Que avantaxa ao común ou ordinario na súa liña.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Levar unha persoa ou cousa vantaxe sobre outra.