Autrán

Autrán
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe provenzal que se asentou en España en tempos de Filipe V. Os seus membros ocuparon altos cargos na Armada española, cruzándose adoito con cabaleiros de Santiago. A rama que se espallou por Vigo descende de Pedro Autrán, un dos irmáns almirantes que chegaron a España na época de Filipe V; no escudo da casa de Láncara locen as armas dos Autrán, logo de entroncar coa nobre caste dos Suárez de Deza e Flórez de Losada. As súas armas levan, en campo de prata, unha torre de pedra, aclarada de sable, sobre a que descansa unha aguia voante da súa cor adestrada, despregada e coroada de ouro.

Palabras veciñas

autoxiro | autozooide | autozoom | Autrán | autrigón -na | autuniano | Autuniano