autrigón -na

autrigón -na

(< lat Autrigōnes)

  1. adx [HIST]

    Relativo ou pertencente aos autrigóns.

  2. s [HIST]

    Habitante dun pobo prerromano do N da Península Ibérica, establecido na zona occidental de Bizkaia e na zona N de Castela, formando parte do grupo máis occidental de asentamentos dos pobos vascos. O vasquismo dos autrigóns foi posto en dúbida debido ao gran número de elementos celtas atopados na súa toponimia e arqueoloxía. Pero, tamén hai testemuñas que, polo menos dende o s IV a C, falaban dunha lingua próxima ao actual éuscaro. A cultura dos autrigóns era fundamentalmente agrícola e, seguramente, matriarcal. Algunhas cidades dos autrigóns foron Portus Ammanus (preto de Portugalete), Flaviobrica (ó carón da anterior), Uxama Barca (Osma de Valdegobia), etc.

Palabras veciñas

autozooide | autozoom | Autrán | autrigón -na | autuniano | Autuniano | autunita