"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Relativo ou pertencente aos deuteromicetos.
-
Fungo do grupo dos deuteromicetos.
-
Grupo artificial de fungos formado por aquelas especies das que só se coñece a multiplicación vexetativa. Esta situación pode deberse a que aínda non se detectaran as frutificacións sexuais ou que o fungo perdera a capacidade de formalas. Cando se chega a coñecer o tipo de reprodución sexual, o resultado máis común é que pertenzan á subdivisión das ascomicotinas. Moitos deles teñen unha grande importancia económica ao interviren nos procesos de descomposición da materia orgánica, na produción de antibióticos ou polo feito de ser fitoparasitos. Existen unhas 30.000 especies de fungos considerados como deuteromicetos.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos deuteróstomos.
-
Celomado do grupo dos deuteróstomos.
-
Grupo de animais celomados nos que, durante o desenvolvemento embrionario, o blastóporo orixina o ano ou ben marca o lugar onde este aparecerá, mentres que a boca é completamente de neoformación. Este grupo comprende os equinodermos, os quetognados, os hemicordados e os vertebrados.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso partenoxenético que orixina tanto machos coma femias.
-
-
Relativo ou pertencente á deuterotocia.
-
Que é producido por deuterotocia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á palabra que ten o ton ou acento de intensidade na segunda sílaba.
-
VER O DETALLE DO TERMO
deut(er/ero/o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
deuterón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de substancias de reserva, como os glícidos, as proteínas ou as graxas, que están dispersas en forma de gránulos dentro do citoplasma dos ovos da maioría dos animais. Segundo a cantidade, un ovo pode ser alecítico, centrolecítico, heterolecítico, oligolecítico e teolecítico. Tamén recibe o nome de vitelo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao deutoplasma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que xa se dixo antes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
devastación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de devolver.
-
-
-
Relativo e pertencente á devoción.
-
Que é obxecto ou move a devoción.
-
-
-
Que ou quen mostra ou ten devoción.
-
Que ou quen admira ou é adicto a algo ou a alguén.
-
-
-
PERSOEIRO
Lingüista e lexicógrafo italiano. Foi profesor na Universidade de Cagliari (1927), Padua e Florencia, onde foi reitor (1967-1968). Inicialmente centrou o seu traballo no latín e nas linguas prerromanas en Italia, e máis tarde interesouse pola estilística e a lexicografía italiana. Foi presidente da revitalizada Accademia della Crusca e cofundou e codirixiu, xunto con B. Migliorini, a revista Lingua nostra, centrada nas linguas románicas; tamén foi codirector da revista Archivio glottologico italiano. Publicou, entre outras obras, Adattamento e distinzione nella fonetica latina (1923), Gli antichi Italici (1931), Storia della lingua di Roma (1940), Studi di stilistica (1950), I fondamenti della storia linguistica (1951), Profilo della storia linguistica italiana (1953), Origini indoeuropee (1962), Civiltà di parole (1965) e Il linguaggio d’Italia. Storia e strutture linguistiche dalla preistoria...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘esquecemento’.
-
PERSOEIRO
Naturalista e historiador da arte. Escribiu, entre outras obras, La théorie et la pratique du jardinage (A teoría e a práctica da xardinería, 1709) e Abrégé de la vie des plus fameux peintres (Resumo da vida dos máis famosos pintores, 1745-1752). O seu fillo Antoine-Nicholas Dezallier D’Argenville (?-1796) escribiu, entre outras obras, Voyage pittoresque de Paris (Viaxe pintoresca por París, 1757) e Vies des fameux architectes, depuis la Renaissence des arts, avec la description de leurs ouvrages (Vida de famosos arquitectos, despois do renacemento das artes, coa descrición das súas obras, 1787).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Numeral cardinal que equivale a dezasete máis un.
-
Que ocupa o dezaoito lugar nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a décimo oitavo.
-
Representación gráfica dese número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 18 e na romana por XVIII.
-
Décimo oitava hora despois das doce da noite. OBS: Xeralmente vai precedido do artigo determinado as.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome aplicado ao golpe de estado liderado por Napoleón Bonaparte, que rematou co Directorio da República francesa, substituído polo Consulado o día 18 de Brumario do ano VIII (9 de novembro de 1799). O nome de Brumario fai referencia ao segundo mes do ano republicano de Francia, que comezaba o 22 de outubro e remataba o 20 de novembro. Os problemas financeiros, os desastres ocasionados pola guerra contra as potencias europeas, os problemas de orde pública, a lamentable situación da instrución pública, etc, foron os principais factores desencadeantes do descontento popular que foi aproveitado polos conspiradores para poñer fin ao Directorio creado en 1795. Triunfante o golpe, que contou co apoio do exército e de destacadas personalidades da vida política francesa, e coa oposición da maioría dos membros dos dous corpos colexisladores (o Consello dos Anciáns e o Consello dos Cincocentos), creouse unha comisión executiva provisional integrada polo xeneral Bonaparte e os antigos membros do Directorio,...
-
PERSOEIRO
Poeta. Publicou as recompilacións Ariette e sunette (1898) e Canzone e ariette nove (1916). Musicáronse moitas das súas cancións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e editor musical austríaco. Xunto con P. Cappi fundou a editorial Cappi & Diabelli e tivo a iniciativa de enviar un valse a cincuenta compositores, entre outros Liszt, Schubert e o fillo de Mozart, para que escribisen unha variación cada un deles. O resultado foi unha recompilación musical moi representativa do seu tempo: Vaterländischer Künstlerverein e as Variacións Diabelli opus 120 de Beethoven. Así mesmo, compuxo pezas didácticas para piano, sonatas e misas.
VER O DETALLE DO TERMO