dezaoito
dezaoito
(< lat v *dĕce acŏctō, por dŭōdēvīgĭntī)
-
cuant
Numeral cardinal que equivale a dezasete máis un.
Ex: Xa teño dezaoito libros da colección.
-
adx
Que ocupa o dezaoito lugar nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a décimo oitavo.
Ex: Ela vai detrás miña porque eu teño o número dezaoito.
-
s
m
Representación gráfica dese número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 18 e na romana por XVIII.
Ex: A atleta co 18 foi a gañadora.
-
s
f pl
Décimo oitava hora despois das doce da noite. OBS: Xeralmente vai precedido do artigo determinado as.
Ex: O teu avión sae ás dezaoito horas.