dezanove
dezanove
(< lat v *dĕce acnŏve, por ūndēvīgĭntī)
-
cuant
Numeral cardinal que equivale a dezaoito máis un.
Ex: Leva exactamente dezanove días desaparecida.
-
adx
Que ocupa o dezanove lugar nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a décimo noveno.
Ex: Está no posto dezanove da lista de espera.
-
s
m
Representación gráfica dese número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 19 e na romana por XIX.
Ex: O teu xogador favorito ten o 19.
-
s
f pl
Décimo novena hora despois das doce da noite. OBS: Xeralmente vai precedido do artigo determinado as.
Ex: O último barco sae ás dezanove horas.