dezaseis
dezaseis
(< lat v *dĕce acsĕx, por sēdĕcĭm)
-
cuant
Numeral cardinal que equivale a quince máis un.
Ex: Ten unha neta de dezaseis anos.
-
adx
Que ocupa o dezaseis lugar nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a décimo sexto.
Ex: É o número dezaseis da súa promoción.
-
s
m
Representación gráfica dese número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 16 e na romana con XVI.
Ex: Paréceme que naquela porta hai un 16 pintado.
-
s
f pl
Décimo sexta hora despois das doce da noite. OBS: Xeralmente vai precedido do artigo determinado as.
Ex: As tendas abren ás dezaseis.