"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Condición ou circunstancia favorable que unha persoa ou cousa ten sobre outra.

    2. Diferenza de posición ou situación dunha persoa ou cousa sobre outra, especialmente nunha actividade.

    3. Convención regulamentaria que, en certos deportes de equipo, permite ao árbitro non interromper o xogo cando un xogador atacante é obxecto de falta, porque continúa controlando a pelota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • En dirección á fronte, para diante. OBS: Emprégase fundamentalmente no léxico marítimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación quincenal editada en Marín nos primeiros días de 1915. Serviu de voceiro á Federación Regional de Obreros de la Industria Pesquera de Galicia e foi dirixida polo militante socialista Xosé Hervés Hermo, secretario da Federación Local de Trabajadores. A traxectoria do periódico estivo marcada pola intensa conflitividade mariñeira que viviu o porto de Marín naquel ano. Entre os seus colaboradores figuraba Lourenzo Corbacho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade semanal editada en 1922 na cidade de Pontevedra como “Órgano de los exploradores”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo reino da India central de comezos do primeiro milenio a C, con capital en Ujjain e que despois recibiu o nome de Reino de Mālava.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal socialista italiano fundado no 1896 en Roma por Leonida Bissolati. No 1926 foi prohibido por Mussolini, quen fora con anterioridade o seu director. Reapareceu como órgano do partido socialista de Pietro Nenni (1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brinco que dan os rapaces nalgúns xogos ou cando teñen que avantar algún obstáculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de soldados que se adianta ao corpo principal para inspeccionar o terreo e observar de cerca o inimigo.

    2. O que se adianta ou anticipa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de avanzar.

    2. Que chegou moi adiante nun movemento, nun proceso ou no decurso do tempo.

    3. Que progresou moito nun aspecto.

    4. Que é unha persoa progresista ou que ten ideas progresistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que avanza ou serve para avanzar.

    2. Dispositivo que serve para producir un avance nun mecanismo ou nun fenómeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ir cara a adiante.

    2. Experimentar desenvolvemento ou mellora unha acción, condición ou estado.

    3. Mover ou colocar unha cousa máis adiante.

    4. Facer o anuncio de algo que se vai expoñer exhaustivamente máis tarde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xogador de hóckey a patíns. Debutou na división de honor co Dominicos da Coruña na tempada 1983-1984. Na tempada 1986-1987 pasou ao Liceo, club da mesma cidade, no que permaneceu dous anos e co que se proclamaría campión de Europa (1986-1987 e 1987-1988). Tamén acadou co Liceo un título de Liga (1986-1987) e, no ano 1988, a Copa do Rei, a Supercopa e a Copa Intercontinental. Na Liga 1988-1989 volveu ao Dominicos, co que gañou unha Copa do Rei (1990) e se proclamou máximo goleador da Liga (1989-1990 e 1990-1991). Na tempada 1993-1994 fichou polo Reus, equipo co que foi máximo goleador da Liga en dúas ocasións máis (1994-1995 e 1995-1996): con 521 goles entre 1983 e 1999 é o máximo goleador da historia desta competición. Membro da selección española absoluta, disputou 73 partidos internacionais entre 1988 e 1995, acadando un total de 110 goles e os títulos de campión do mundo (Arxentina 1989), subcampión olímpico (Barcelona 1992), campión da Copa das Nacións (1991) e a medalla de bronce no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Doutor en Ciencias Químicas pola Universidade da Coruña (1998) e xogador internacional de hóckey a patíns. Como deportista, militou nos equipos coruñeses da división de honor do C. H. Dominicos e do H.C. Liceo, proclamándose campión da Copa do Rei en 1994 co Dominicos. Formou parte da selección española absoluta en 45 ocasións, obtivo o título de campión do mundo (Arxentina 1989) e, nos campionatos de Europa, as medallas de prata en categoría absoluta (Italia 1990) e de bronce en categoría júnior (Bélxica 1983). Está en posesión do título de adestrador nacional de hóckey sobre patíns e da Orde ao Mérito Olímpico, que lle outorgou o Comité Olímpico Español en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés de ascendencia flamenga. Formado en Flandres, chegou a París en 1721. Amigo e colaborador de Chardin, especializouse no retrato burgués. Ten obras expostas no Musée du Louvre, no Rijksmuseum de Amsterdam, en Montpellier e en Versalles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista. Comezou a xogar no Clube Futebol Andorinha de Santo António (1993). En 2001 vai para Lisboa, onde o ficha o Sporting Clube de Portugal. Ese ano o seu equipo gaña a Superliga, e no ano seguinte o xogador debuta na Champions. Tras destacar nun amistoso ante o Manchester United (2003), foi fichado por este equipo por 12,24 millóns de libras. Foi progresando ata converterse no máximo goleador de este equipo no ano 2008, no que o Manchester gañou a Community Shield, a Premier e a Champions. Individualmente conseguiu, tamén no 2008, os títulos de máximo goleador da Champions, Balón de Ouro, FIFA World Player, Bota de Ouro, Mellor Xogador del Mundo (FIFPro) e Dianteiro do ano da UEFA. O 6 de xullo de 2009 foi presentado como novo xogador do Real Madrid C.F. diante de 80.000 afeccionados, despois dun traspaso de 96 millóns de euros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Bos Aires, Arxentina, na ribeira do río El Riachuelo (346.620 h [1991]). Forma parte da conurbación do Gran Bos Aires. É un dos centros industriais máis importantes do país. O seu nome foille dado polo Presidente Nicolás Avellaneda, no 1904, en substitución do de Barracas do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe procedente de Bizkaia que pasou a Galicia fundando varias casas. Hai investigadores que pensan que a súa verdadeira orixe está na terra galaica aínda que logo se estendeu por La Rioja, Bizkaia, Castela, Murcia, Andalucía e outras rexións españolas. Unha rama pasou tamén a América. Diego López de Avellaneda, señor da casa de Avellaneda, en Logroño, asistiu á conquista de Sevilla en 1248. Xoán de Avellaneda, oriúndo de Galicia, levaba como armas: en campo de ouro, sete roeles de goles, 2, 2, 2 e 1; partido de prata, cunha venera de azul en xefe e un lobo cebado dun cordeiro de prata, pasante e de sable, colocado en punta. Outra variante nas armas dos Avellaneda trae: en campo de ouro, dous lobos de sable, un sobre o outro, cebados de dous cordeiros, e bordo de goles con oito aspas de ouro. Algúns ostentan: na primeira partición, sobre campo de azul, trece besantes de prata colocados en tres paos, con cinco besantes o do centro; na segunda partición, en campo de prata, dous...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alfonso Fernández de Avellaneda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Tui entre 1526-1537. No Sínodo Diocesano de 1528 estableceu a obriga de que os párrocos levasen un rexistro de bautizados no que figurase a data de nacemento e o nome dos pais e padriños, libros que foron reunidos no Arquivo Histórico Diocesano, o que posibilitou a realización de numerosos estudios, fundamentalmente xenealóxicos. Mandou construír o ciborio da catedral, colocando nel o seu escudo de armas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, irmán de Richard Avenarius. Publicou dúas antoloxías líricas cunha motivación didáctica, e fundou e dirixiu en Dresden a revista cultural Der Kunstwart. Escribiu poesía e algún poema dramático como Fausto (1919) e Baal (1920).

    VER O DETALLE DO TERMO