Aveiro, Cristiano Ronaldo dos Santos

Aveiro, Cristiano Ronaldo dos Santos

Futbolista. Comezou a xogar no Clube Futebol Andorinha de Santo António (1993). En 2001 vai para Lisboa, onde o ficha o Sporting Clube de Portugal. Ese ano o seu equipo gaña a Superliga, e no ano seguinte o xogador debuta na Champions. Tras destacar nun amistoso ante o Manchester United (2003), foi fichado por este equipo por 12,24 millóns de libras. Foi progresando ata converterse no máximo goleador de este equipo no ano 2008, no que o Manchester gañou a Community Shield, a Premier e a Champions. Individualmente conseguiu, tamén no 2008, os títulos de máximo goleador da Champions, Balón de Ouro, FIFA World Player, Bota de Ouro, Mellor Xogador del Mundo (FIFPro) e Dianteiro do ano da UEFA. O 6 de xullo de 2009 foi presentado como novo xogador do Real Madrid C.F. diante de 80.000 afeccionados, despois dun traspaso de 96 millóns de euros.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Funchal, Madeira