"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Líquido incoloro e inflamable que se obtén da condensación de dúas moléculas de acetona, de olor agradable, que ferve a 167,9°C, mesturable con auga, alcohol, éter e outros disolventes. É un bo disolvente de resinas, aceites e graxas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade intraidiomática que se distingue doutras pertencentes á mesma lingua en función da zona xeográfica onde se fala, a clase social que a utiliza, etc. As diferencias entre os dialectos poden darse no plano léxico, morfolóxico, sintáctico e/ou fonético. O termo dialecto referíase en principio exclusivamente á variación espacial, pero a noción foi estendéndose ata abranguer calquera tipo de variación: espacial, temporal, social ou situacional (estilística). De aí que para evitar ambigüidades, sexa conveniente utilizar o termo acompañado dun cualificativo. Pola contra, poderá interpretarse no seu sentido máis xenérico -equivalente a variedade-, ou ben na súa acepción orixinaria, dialecto espacial ou xeográfico, tamén denominado xeolecto, do mesmo xeito que o dialecto social se coñece como sociolecto. Os dialectos, na medida en que son ‘variedade de’, remiten sempre a unha lingua determinada, que os inclúe, e neste sentido o concepto é relativo. Por exemplo, o galego lucense e o galego...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa versada en dialectoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina lingüística, tamén denominada xeografía lingüística ou xeografía dialectal, que trata o estudo sistemático de todas as formas de dialectos, especialmente os xeográficos ou rexionais. Tamén se entende por dialectoloxía a descrición de falas illadas, sen referencia a outras veciñas ou da mesma familia. Os estudios dialectolóxicos teñen como antecedente a contestación que no s XVIII se produce á visión da lingua como unha entidade inmutable e de carácter basicamente escrito, aínda que non comezarían propiamente a súa andaina ata finais do s XIX. A dialectoloxía tradicional tivo a súa orixe nas investigacións dos neogramáticos para establecer as leis fonéticas, adquiriu unha certa sistematicidade en Alemaña con George Wenker e estableceuse definitivamente cos traballos de J. Gilliéron e a aparición dos atlas lingüísticos. Tomando como base cuestionarios escritos e posteriormente gravacións magnetofónicas, as investigacións dialectolóxicas tentaron ver as...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de copépodos, de ata 5 mm de lonxitude, propios das augas doces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e explorador portugués. En 1487, por orde do Rei Xoán II, partiu de Lisboa ao mando de tres navíos co fin de continuar coa exploración das costas africanas atlánticas e localizar un paso cara á India. Nas costas meridionais de África foi sorprendido por unha gran tormenta, de xeito que bautizou a punta extrema dese continente como Cabo das Tempestades, posteriormente chamado Cabo de Boa Esperanza por Xoán II posteriormente. En 1497 acompañou a Vasco da Gama á India. Naufragou no Cabo de Boa Esperanza no 1500.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista, poeta e etnógrafo brasileiro. Estudiou humanidades e dereito en Europa e morreu nun naufraxio. A súa obra caracterízase por integrar elementos de inspiración indíxena. O seu poemario, Primeiros cantos (1846) é a primeira obra importante do romanticismo brasileiro. Ademais, publicou Segundos cantos (1848), Últimos cantos (1851), dramas teatrais e traballos etnográficos, históricos e lingüísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor brasileiro. En 1920 trasladouse a Rio de Janeiro, onde coñeceu os modernistas (1925-1927) e realizou a súa primeira exposición individual (1928). As súas primeiras obras mostraron un surrealismo de carácter erótico. Trala Primeira Guerra Mundial evolucionou cara á xeometrización, onde resaltou a relación entre ciencia e arte. En 1948 realizou en Recife un dos primeiros murais abstractos de América do Sur. Retornou á figuración nos anos setenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fase da actividade cardíaca na que os músculos cardíacos, tanto das aurículas como dos ventrículos, se relaxan e as aurículas se enchen de sangue que chega polas veas. Xunto coas sístoles, auricular e ventricular, constitúe o ciclo cardíaco.

    2. Licencia poética que consiste en facer longa unha sílaba breve.

    3. Cambio do acento dunha palabra para a sílaba seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á diástole.

    2. Son rouco que se percibe na punta do corazón, provocado polo tránsito do sangue a través dun orificio mitral estenosado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás diatomeas.

    2. Alga da clase das diatomeas.

    3. Algas crisófitas unicelulares, cun tamaño entre 0,01 e 0,3 mm, que presentan a parede celular formada por sílice impregnada de pectina, denominada frústula, formada por dúas metades, chamadas tecas, que encaixan entre si. As tecas presentan numerosos poros que permiten a comunicación da célula co exterior e unha profusa ornamentación. Non posúen flaxelos e algunhas especies forman, ao unirse mediante mucílagos, cadeas ou agregados coloniais. Coñécense fósiles mariños dende o Cretáceo, e de augas continentais dende o Oligoceno. As células só presentan un núcleo e os cloroplastos teñen unha gran diversidade de formas (discoidais, estreladas, aplanadas ou con forma de H). Os pigmentos fotosintéticos son clorofilas a e c, β-carotenos, fucoxantinas, ademais de pequenas cantidades de diatoxantina e diadinoxantina e pirenoides. A proporción destes pigmentos danlles aos cloroplastos unha cor que vai dende o amarelo ata o castaño escuro. As diatomeas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén dous átomos, por exemplo H2 ou HCl.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha silícea sedimentaria de orixe orgánica formada principalmente por cunchas de diatomeas. Emprégase principalmente como absorbente, abrasivo, illante térmico ou material filtrante. Tamén se denomina terra de diatomeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao sedimento ou á rocha que contén cunchas de diatomeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao intervalo ou escala formado segundo os principios do diatonismo, en oposición aos do cromatismo.

    2. Aplícase ao xénero da música grega, oposto ao cromático e ao enharmónico, no que a escala se dividía en cinco tons e dous semitóns.

    3. aparello a soga e tizón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema heptatónico que observa unha determinada distribución entre os cinco tons e os dous semitóns que hai en cada oitava. Baséase nunha selección de sete notas contiguas do ciclo das quintas. Ao presentar estas sete notas do grave ao agudo, ou do agudo ao grave, aparece unha secuencia de tons e de semitóns que se repite en todas as oitavas. As escalas modais e as escalas maior e menor son diatónicas pero cada escala comeza por unha nota diferente, a tónica, e, polo tanto, cada unha presenta a mencionada secuencia de tons e de semitóns a partir dun lugar diferente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo á diferenza lingüística que depende da variación xeográfica, segundo a terminoloxía de Eugenio Coseriu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pigmento do grupo das xantofilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e escritor. Fillo dun oficial do corpo administativo da Armada, fixo os seus primeiros estudios no colexio da Natividade de Viveiro e despois estudiou filosofía no seminario de Santa Catarina de Mondoñedo. Comezou os estudios de dereito na Universidade de Santiago de Compostela e rematounos na Universidad de Alcalá de Henares en 1833. Protexido por figuras relevantes da política e da cultura, entre eles o galego Manuel Fernández Varela, comisario xeral de Cruzada, o xeneral Latre, capitán xeneral interino de Galicia, os escritores Quintana, Donoso Cortés, Espronceda, Larra, Pacheco e Estébanez Calderón, comezou unha carreira literaria e política que o levou a acadar gran sona nos medios románticos e a desempeñar diferentes cargos. Foi secretario do goberno político de Santander (1836), xefe político (gobernador civil) de Segovia (1838) e de Cáceres, onde tamén ocupou a intendencia (1839), e maxistrado na Audiencia de Valladolid. Tralo pronunciamento de 1840, viaxou a València para...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Ingresou na Armada en 1811 e navegou polo Mar Mediterráneo e polas Antillas. Dende 1819 participou nas campañas contra os independentistas latinoamericanos e, dende 1821, navegou con patente de corso contra as novas nacións. Formou parte da división Guzureta (1824) que se dirixiu a Callao, pero, trala derrota de Ayacucho, marchou cara ás Filipinas (1825), viaxe na que perdeu o navío tralo amotinamento da súa tripulación. Chegou a Cádiz en novembro de 1825 e participou en diversas misións ata que se suicidou.

    VER O DETALLE DO TERMO