"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María a Real, que dá nome ao concello de Xunqueira de Ambía, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Allariz-Maceda situado no S da Comunidade Autónoma de Galicia e no centro da provincia de Ourense. Limita ao N cos concellos de Paderne de Allariz e Baños de Molgas (comarca de Allariz-Maceda), ao S cos de Sandiás, Sarreaus e Xinzo de Limia (comarca da Limia), ao L con Vilar de Barrio (A Limia) e Baños de Molgas (Allariz-Maceda), e ao O con Allariz (Allariz-Maceda). Abrangue unha superficie de 60,2 km 2 cunha poboación de 1.834 h (2007) distribuída nas parroquias da Abeleda, Armariz, Bobadela a Pinta, A Graña, Sobradelo e Xunqueira de Ambía. A capital é Xunqueira de Ambía, situada na parroquia homónima (42° 2 24 N - 7° 43 50 O), que se atopa a 22 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Ourense.
    Xeografía física
    En Xunqueira de Ambía predominan os terreos de orixe cámbrica e precámbrica, granitos con alternancia dalgúns xistos, todos eles moi fracturados. No S dominan os materiais aluviais do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga colexiata situada en Xunqueira de Ambía. A súa orixe remite ao s IV cando, segundo unha lenda, se apareceu a Virxe nese lugar, nunha lagoa coñecida como Juncaria, onde foi erixida unha ermida que pronto se converteu en obxecto de devoción popular. Desde o ano 955, as referencias indican que se constituíu como casa monástica baixo a fundación de Gonzalo Froila e a súa muller Ilduara, parentes de san Rosendo. En 1150 foi doada á orde agostiña, momento en que iniciou o seu período de maior prosperidade pero, prexudicada polo sistema de encomendas durante os ss XV e XVI, a súa revitalización debeuse ao administrador Alonso de Piña. Posteriormente os seus bens e a súa xurisdición quedaron relegados, por mandato real, baixo a mitra de Valladolid e converteuse nunha igrexa colexial ata a desamortización (1835). A partir de 1928, os mercedarios instaláronse na parroquia homónima e mantiveron o culto do templo. A igrexa, de estilo románico de transición, ten planta de cruz latina...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María, que dá nome ao concello de Xunqueira de Espadanedo, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Allariz-Maceda situado na provincia de Ourense, no SL da Comunidade Autónoma de Galicia (42° 19’ 30’’ N - 7° 37’ 40’’ O). Limita ao N con Nogueira de Ramuín (comarca de Ourense) e Parada do Sil (Terra de Caldelas), ao L con Montederramo (Terra de Caldelas), ao S con Maceda (Allariz-Maceda), e ao O con Esgos (Ourense). Abrangue unha extensión de 27,6 km 2 , cunha poboación de 1.002 h (2007), distribuída nas parroquias de Niñodaguia, Os Pensos, Ramil e Xunqueira de Espadanedo. A capital está no lugar de Xunqueira de Espadanedo, na parroquia homónima. Atópase a 136 km de Santiago de Compostela e a 23 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Ourense.
    Xeografía física
    As terras de Xunqueira de Espadanedo están en plena transición entre as depresións do O ourensán e as montañas que ocupan o centro e L desta provincia, o que se deixa notar na neta diferenciación entre a súa metade NL e o resto do concello....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado en Xunqueira de Espadanedo. Fundado cara a 1170, os seus monxes acolléronse á orde do Císter. As súas dependencias, que se construíron con dúas alturas ao redor dun patio, sufriron varias reformas ao longo dos ss XVI e XVII. Ademais dos dous reloxos de sol gravados no antepeito do sobreclaustro N, destaca a fachada, con porta alintelada entre pilastras acanaladas que rematan nunha cornixa con acrótera. Na parte central sobresae o escudo da Congregación de Castela entre varias cruces pertencentes a diferentes ordes militares. A parte S da á occidental acondicionouse como casa do concello. No que respecta á igrexa, anexada ás dependencias monacais, pasou a funcionar como unha igrexa parroquial desde a exclaustración do mosteiro (1835). Presenta planta basilical de tres naves, a central de anchura dobre, e cinco tramos separados por piares cruciformes, rematadas en tres ábsidas, a central precedida por un tramo recto. A cuberta realizouse en madeira, a dúas augas no exterior....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Maceda, ao seu paso por Xunqueira de Espadanedo. Realizouse en cantaría no s XIX, con rasante horizontal e cinco vans, formados por cinco arcos de medio punto. Sitúase no camiño que vai de Ourense a Ponferrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cabaqueiros que corresponde á voz ‘lameira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pazos de Borbén baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Xobre (A Pobra do Caramiñal). Construíuse en cantaría no s XV, pero ampliouse e mellorouse durante os ss XVI e XVII, polo que presenta algunhas características do estilo gótico e renacentista. Ten dúas alturas e planta rectangular que se organiza arredor dun patio central, cadrado. A fachada principal, do s XVI, remata na esquina dereita cunha torre de catro alturas. A porta conforma un arco de medio punto e sobre ela colocouse un escudo. Ademais da familia Xunqueiras, foron os seus propietarios os Ribadeneira e os Gasset. Foi declarado BIC en 1981.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Shanxi, China, situada na rexión do Norte (362.268 h [1990]). Ten industria siderúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos yaquis.

    2. Individuo do pobo yaqui.

    3. Tribo india do grupo cahita. O seu hábitat é o río Yaqui no estado de Sonora (México).

    4. Lingua uto-azteca do phylum amerindio que fala o pobo yaqui.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador de arte. Profesor en diversas universidades. Das súas obras destacan Arte y Arquitectura en España 500-1250 (1979), Arte Medieval (1980), El Pórtico de la Gloria (1984), Formas Artísticas de lo imaginario (1987) e Beato de Liébana: manuscritos iluminados (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa adicta á he­roína.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Lugo a partir do 1 de maio de 1932. Cesou en outubro dese ano (nº6). Dirixida por Á. Fole, continuou a liña do grupo Ronsel. Publicou por vez primeira o Madrigal a la ciudad de Santiago de F. García Lorca. Incluíu artigos de temas socio-políticos de tendencia progresista próxima ao comunismo, ademais de ilustracións dos grandes creadores galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, rodeado das serras Cabrilla e do Pinar, na Serranía de Ronda (3.259 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Guadalajara, Castela-A Mancha, situado ao N da capital provincial e drenado polo río Henares (2.069 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, cantante e folclorista. De nome Héctor Roberto Chavero, está considerado un vangardista da difusión do canto popular arxentino. Destacan as súas composicións “Camino del indio” (1926) e “Adiós Tucumán” (1946). Escribiu Piedra sola (1940), Guitarra (1960) e El payador perseguido (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador da arte. Doutor en Historia da Arte e catedrático na Universidade da Coruña desde 1995, especializouse na arte románica e protogótica galega. Forma parte do Consello de Fábrica da catedral de Santiago de Compostela e participou na reconstrución do coro pétreo do mestre Mateo. Das súas obras destacan La arquitectura románica en Lugo (1983), El coro del maestro Mateo (1990), con R. Otero Túñez, El camino de Santiago del Norte en la provincia de Lugo. Ruta de la Costa (1994), Santiago de Compostela en la Edad Media (2002) e Los caminos a Compostela: el arte de la peregrinación (2003). É académico numerario da Real Academia Gallega de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario, á que representa no Consello da Cultura Galega, e correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes que corresponde á voz ‘chocolate’.

    VER O DETALLE DO TERMO