"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Obra de Pascual Madoz publicada en Madrid entre 1845 e 1850 e agrupada en dezaseis volumes. Contén datos sobre as entidades de poboación de España e as súas características xeográficas, onde se recollen aspectos sociais, demográficos e económicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou na Art Students League de Nova York e viaxou a Europa (1910-1915), onde coñeceu a obra de Cézanne e dos fauvistas. Cultivou os temas que podían acadar unha forma xeométrica e achegouse ao precisionismo. Entre as súas obras destaca Industry (Industria, 1924?).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. División en dúas partes.

    2. Ramificación en que cada eixe se divide en dous.

    3. Método de clasificación no que as divisións e subdivisións son binarias.

      1. Fase da Lúa en que só é visible a metade do disco.

      2. Fase dos planetas interiores, Mercurio e Venus, en que só está iluminada polo Sol unha metade do planeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á dicotomía.

    2. Aplícase ao sistema de determinación en que as características se presentan de xeito excluínte.

    3. Que procede por divisións e subdivisións binarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se divide en dous.

    2. Aplícase á Lúa cando está no primeiro ou no último cuarto.

    3. Aplícase á ramificación en que os eixes secundarios se orixinan por bifurcación do ápice do eixe principal en dous eixes secundarios equivalentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á planta que presenta follas dicótomas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á planta que presenta flores de dúas cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anión de fórmula Cr 2 O 7 2- , derivado do ácido dicrómico por perda de dous hidróxenos. En disolución presenta unha cor alaranxada.

    2. Calquera sal resultante da combinación do anión dicromato cun metal. As solucións destes sales empréganse como solucións estándar nas valoracións redox, onde funciona como un oxidante forte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de roedores ao que pertencen algúns lemings.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constitución eclesiástica, de orde práctica ou disciplinaria, escrita durante a primeira metade do s III para uso da comunidade cristiá xurdida do xudaísmo. O autor, quizais un bispo da Siria setentrional, utilizou a Didakhé e outros escritos cristiáns. O orixinal grego perdeuse, pero consérvanse traducións siríacas e unha versión latina incompleta de finais do s IV. O núcleo teórico do libro constitúeo a discusión sobre o valor da lei xudaica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principio activo da valeriana que ten propiedades citotóxicas nalgúns casos de neoplasmas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista galego. Licenciado en Ciencias da Información e en Filosofía e Letras, traballou no Archivo Histórico Provincial y Universitario de Valladolid. Foi colaborador de diversos xornais, entre os que destacan La Región, La Voz de Galicia, Faro de Vigo e El Norte de Castilla e, entre outras, nas revistas Contrastes, Mundo Obrero e Folklores. Publicou Támega en Galicia (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico e catedrático da Universidade de Berlín e de Kiel. Xunto con K. Alder, levou a cabo a síntese diénica, coñecida como reacción de Diels-Alder, que permite a fabricación de diversos produtos como o alcanfor, a vitamina D, o caucho e outras substancias utilizables. Por este descubrimento recibiron o Premio Nobel de Química en 1950. Anteriormente, descubriu o subóxido de carbono (C3O2), investigou a estrutura dos esterois e foi o primeiro en empregar o selenio para a deshidroxenación de produtos naturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno propio das especies de plantas que presentan distintos pés adaptados para a polinización por diferentes tipos de insectos. Por exemplo, o lirio amarelo, que posúe plantas con flores aptas para a polinización por dípteros e outras para os himenópteros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento dietético que se emprega como método preventivo, ou ben como parte do procedemento terapéutico de diversos procesos patolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Estudiou Ciencias Económicas e Empresariais na Universidad Complutense de Madrid (1978-1983) e realizou estudios de gravado e debuxo (1983-1986). Traballou no Edinburg Printmakers Workshop (1986-1987). A súa obra parte do hiperralismo para presentar unha carga simbólica que aparece na captación de elementos arquitectónicos. O home está presente dun modo subliminal, xa que a súa presenza física é inexistente, pero a súa inmanencia emerxe dos seus iconos arquitectónicos como reflexo da súa acción sobre a natureza. Presenta un mundo enigmático no que se mesturan realidade e fición. Participou en mostras, entre outros países, no Reino Unido, Países Baixos, Noruega e en diversas cidades españolas. En Galicia realizou, entre outras, as mostras Visiones arquitectónicas (A Coruña, 1992) e Demasiado al este es oeste (Lugo, 1999), e participou, entre outras mostras colectivas, no III e no IV Premio de Grabado Máximo Ramos (1986-1987). Entre outras coleccións, ten obra no Museo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que difama ou serve para difamar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta dificultades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao mamífero que ten dúas denticións sucesivas, a decidua ou de leite, e a permanente ou definitiva. Son difiodontos todos os mamíferos, agás algúns cetáceos odontocetos, os sirenios, os desdentados, os marsupiais e os monotremos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao fitófago que completa o seu ciclo sobre dúas especies distintas de plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO