Didascalia dos apóstolos
Didascalia dos apóstolos
[RELIX]
Constitución eclesiástica, de orde práctica ou disciplinaria, escrita durante a primeira metade do s III para uso da comunidade cristiá xurdida do xudaísmo. O autor, quizais un bispo da Siria setentrional, utilizou a Didakhé e outros escritos cristiáns. O orixinal grego perdeuse, pero consérvanse traducións siríacas e unha versión latina incompleta de finais do s IV. O núcleo teórico do libro constitúeo a discusión sobre o valor da lei xudaica.