didascalo

didascalo

(

s m [HIST/RELIX]

Escola catequética fundada en Alexandría polo bispo Xán no s II que estableceu o canon da Biblia e que se opuxo ás desviacións xurdidas no seo da Igrexa. Contaba con obradoiros de copistas das Escrituras e formou a unha elite intelectual grecofalante na que se integrou o elemento exipcio. Entre os seus principais representantes encontrábanse Clemente de Alexandría, Oríxenes, santo Atanasio de Alexandría, Dídimo o Cego e san Cirilo.