didélfido -da

didélfido -da

(< lat científico Didelphis)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos didélfidos.

  2. s m [ANIMAL]

    Mamífero da familia dos didélfidos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Familia de marsupiais de entre 7 e 50 cm de lonxitude. Presenta cabeza e fociño alongados, patas curtas, con cinco dedos con unllas, agás o gordo que é opoñible, rabo longo e prénsil, e pelaxe gris ou negriza. Hai especies que non teñen marsupio polo que as nais fan un niño para coidar as crías. Son tipicamente nocturnos e arborícolas e habitan no centro e sur de América. Reciben a denominación común de marmosas.