Didakhé
Didakhé
Escrito cristián non canónico, de arredor do ano 70, que contén a doutrina máis elemental de orde práctica litúrxica e moral requirida para a iniciación cristiá. Crese que o redactou en Siria ou en Palestina un doutor cristián proveniente do xudaísmo. Venerado pola Igrexa primitiva, serviu de modelo ao primeiro esquema de ordenación eclesial.