didáctico -ca
(< grδιδακτικός ‘apto paraensinar’)
-
adx
Relativo ou pertencente á ensinanza.
-
adx
Que serve para ensinar ou instruír.
Ex: Mercaron material didáctico para os alumnos do centro. Este xogo é moi didáctico.
-
literatura didáctica
[LIT]
Xénero literario que ten como obxectivo principal transmitir as leis dunha ciencia, os preceptos dunha manifestación artística ou coñecementos sobre diversos temas, en especial relixiosos, morais e filosóficos. As obras desta índole subordinan a estética do discurso á ensinanza e adoitan empregar termos precisos, exemplos e unha argumentación rigorosa. A tradición didáctica existe desde a Antigüidade moitos dos libros da Biblia son de carácter sapiencial (Sabedoría e Proverbios) e aleccionador (Evanxeos e Cartas dos Apóstolos). Da literatura grecolatina conservamos, entre outros, os Diálogos, de Platón; De rerum natura (A natureza das cousas), de Lucrecio; as Epistulae ad Pisones (Cartas a Pisón), de Horacio; as Xeórxicas, de Virxilio e o Ars amandi (Arte de amar), de Ovidio. Na Idade Media, os contos, apólogos e fábulas desempeñaban esta función aleccionadora. No Renacemento e no Barroco foi unha práctica habitual, que comenzou cos humanistas como Nebrija, Erasmo, Moro e Castiglione, aos que se sumaron os autores místicos e relixiosos como santa Teresa de Xesús ou frei Luis de León e, no XVII, Quevedo, Gracián, Bossuet ou Fénelon. A preocupación dos ilustrados no XVIII por educar o pobo reflectiuse nas obras de Schiller, Montesquieu ou o padre Feijoo, entre outros, e perpetuouse no s XIX.