dicumarol

dicumarol

(< 2 di- +cumarina + -ol)

Nome científico: [3,3’-metilen-bis-(4-hidroxicumarina):C<sub> 19</sub> H<sub> 12</sub> O<sub> 6</sub> ]
s m [QUÍM]

Composto branco e cristalino que se encontra no trevo e no feo, aínda que tamén se obtén por síntese. Emprégase como anticoagulante, xa que interfire na síntese de varios factores de coagulación como a protombina. Foi illado e identificado a partir do trevo por Link en 1941.

Palabras veciñas

dicrúrido -da | Dicrurus | Dictinio, san | dicumarol | Dicynodon | didáctica | didáctico -ca