Dictinio, san
Dictinio, san
Bispo de Astorga, fillo do bispo galego Sinfosio. Consagrou á fronte da sé de Astorga. Defendeu a doutrina priscilianista despois da morte de Prisciliano (385), ata que no I Concilio de Toledo (397-400) abxurou dos seus erros e condenou as obras que publicara previamente. Continuou á fronte da súa sé ata a súa morte e dedicouse a reparar os danos que orixinaran os enfrontamentos relixiosos. Sucedeuno san Toribio. Escribiu diversas obras, entre as que destaca Libra, tratado doutrinario priscilianista no que defendeu a mentira por motivos relixiosos.