"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Parte da física que se encarga de determinar estruturas cristalinas mediante o estudo da difracción dos raios X ou doutro tipo de radiación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento utilizado para o estudo da estrutura da materia por medio da difracción de raios X, de electróns, de neutróns ou doutras ondas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo engadido ao nome dun monarca, emperador ou doutro gobernante co fin de enxalzar o seu estatus ou para salientar unha proeza ou característica súa. As máis das veces constitúe un tipo de alcume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto con dúas moléculas de auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta finlandés. Cofundou as revistas vangardistas Ultra e Quos ego. Da súa produción destacan as obras Hårda Sånger (1922), Brödet Och Elden (1922), Tassiga lågor (1924), Stenkol (1927), Stark men mörk (1930), Janne Kubik (1932), Jordisk Öhmet (1938), Annorlunda (1948), Dikter (1955) e Meningar (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparato que mide a dilatación térmica. Para os gases e os líquidos mide as variacións de volume, e para os sólidos as das dimensións.

    2. Aparello que, medindo a presión necesaria para ensanchar un furado normalizado, serve para medir o módulo elástico dun solo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aplícase ao que causa un atraso ou aprazamento.

      2. Circunstancia que serve para prorrogar e estender un termo xudicial ou o remate dun procedemento.

    1. Elemento narrativo que introduce unha posibilidade de acción máis ou menos verosímil no conxunto da trama, creando no lector unha expectativa que non se cumpre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Querido con dilección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de dimensionar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico organofosforado que actúa como insecticida e acaricida sistémico, por inxestión e contacto. Presenta unha longa persistencia e un amplo campo de actividade. Está autorizado nas amendoeiras, nos cítricos, na oliveira e nas plantas ornamentais. Catalogada como de alta toxicidade para as abellas, a súa aplicación está limitada durante a época de florecemento de frutais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é moi pequeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico que apareceu en Allariz no ano 1900.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estreito que separa Groenlandia de Islandia e que comunica o mar de Noruega co Océano Atlántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina eléctrica utilizada nos vehículos automóbiles que ten a dobre función de dínamo e de motor de arranque. O indutor é común e o inducido é dobre. Soe estar montado no extremo dianteiro do cegoñal ou lateralmente e une o eixe ao cegoñal por unha cadea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral meridional da parroquia de Redonda, no concello de Corcubión, situada entre o cabo da Nasa, ao O, e o cabo de Cee, ao L.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás dinófitas.

    2. Alga da división das dinófitas.

    3. División de algas presentes en augas mariñas e continentais, a maioría unicelulares e biflaxeladas que presentan unha cuberta constituída por placas poligonais de celulosa recubertas pola membrana plasmática. Esta parede celular ou teca, ten dous sucos -un transversal ou cíngulo, e outro lonxitudinal- no cruce dos que emerxen os dous flaxelos. Nalgunhas especies, a parede celular presenta poros polos que, en caso de perigo, emerxen uns orgánulos filamentosos que proxectan a célula en dirección contraria. Os cloroplastos presentan clorofilas a e nalgúns casos c2. O principal material de reserva é o amidón que se acumula fóra do cloroplasto. Os plastos están rodeados de tres membranas e os tilacoides dispóñense en grupos de tres. Algunhas especies de auga doce teñen estigmas fotosensibles. A reprodución asexual é por bipartición lonxitudinal, na que cada célula filla herda a metade da teca da nai reconstruíndo a outra metade. A reprodución sexual prodúcese, principalmente,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Os seus escritos sobre álxebra contribuíron de maneira esencial ao perfeccionamento da notación alxébrica e ao establecemento de novas vías de investigación. Na súa obra principal, Aritmética, que consta de trece libros dos que só se conservan seis, tratou unha ampla serie de problemas numéricos, aínda que se limitou en xeral a procurar solucións particulares mediante algunha artimaña de cálculo e admitir só como solucións os números enteiros e racionais positivos. A súa obra influíu no posterior desenvolvemento da xeometría analítica, na teoría dos números e na álxebra moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Orador, escritor e sofista grego. Foi mestre de retórica en Prusa e desempeñou diversas maxistraturas. Despois dunha viaxe por Exipto, estableceuse en Roma, onde contou coa amizade de Vespasiano. A liberdade das súas ensinanzas e a súa linguaxe, xunto coa súa amizade con Flavio Sabino, que caeu en desgracia, provocou que fose desterrado por Domiciano (82). Viaxou polas pequenas comunidades do Imperio romano, entre outras, Borístenes, Getia, Cícico, Mesia e Eubea difundindo as súas ensinazas. Retornou a Roma despois da morte de Domiciano e foi tratado con consideración por Nerva e Traxano. Os seus escritos filosóficos, Se o mundo é corruptible, Encomio de Heracles e Platón, En defensa de Homero contra Platón, Sobre as virtudes de Alexandre e Feitos dos getas, perdéronse. Consérvanse oitenta discursos, que comprenden diatribas, alocucions ás cidades e consolacións. Destacan, entre outros, Discursos do rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo musical pioneiro do rock bravú que se caracteriza por unir o idioma galego e mais o rock e a cultura popular de Galicia. Integrado por Rómulo Górriz Sanjurjo, acordeón; Juan Guni Varela, guitarra; Mangüi Martín, baixo; Marcos Viascón, batería, voz, acordeón diatónico; e Xurxo Souto, vocalista, as súas influencias musicais son moi variadas: punk, ska, heavy, hardcore, a música das bandas, a muiñeira, a pandeirada, etc. Entre as súas composicións destacan Aí vos quedades, Lume de biqueira, Estrume e Berbés, e da súa discografía Arroutada Pangalaica (1991), Parrús (Arroutada 2) (1993), Avante toda! (Arroutada 3) (1995) e Capetón (Arroutada 4) (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO