dilatorio -ria
dilatorio -ria
(< lat dilatorĭu)
-
adx
-
Aplícase ao que causa un atraso ou aprazamento.
Ex: Recorren a escusas dilatorias para adiar o pagamento.
-
[DER]
Circunstancia que serve para prorrogar e estender un termo xudicial ou o remate dun procedemento.
Ex: Excepción dilatoria.
-
-
signo/indicio dilatorio
[LIT]
Elemento narrativo que introduce unha posibilidade de acción máis ou menos verosímil no conxunto da trama, creando no lector unha expectativa que non se cumpre.