dilema

dilema

(< lat dilemma < grδίλημμα, de δίς  ‘dous’ + λῆμμα ‘premisa’)

  1. s m [FILOS/LIT]

    Razoamento formado por unha premisa con dous termos opostos que conducen á mesma conclusión. Na oratoria clásica empregábase como un recurso para obrigar o opoñente e facer que se decida por unha das opcións suxeridas, onde toda elección se consideraba errónea, dado o carácter contraditorio dos conceptos. Constitúe tamén un dos factores máis importantes da traxedia clásica, na que representa a alternativa entre dúas opcións coas que se enfronta o heroe. Supón non só tensión e sufrimento, senón un risco que provoca unha equivocación (hamartia), xeradora dun cambio na sorte do protagonista (metabolé), que o conduce á catástrofe ou final da peza no que paga o seu erro tráxico.

  2. s m

    Situación problemática na que se ten que optar entre dúas cousas, as dúas igualmente boas ou malas.

    Ex: Moitos rapaces se enfrontan cada ano ó dilema de ter que escoller entre seguir estudiando ou comezar a traballar.

    Sinónimos: disxuntiva.