"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Que carece de obxectividade e mostra ou implica unha tendencia cara a un fin determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estímulo que provoca o desexo de algo.

    2. Aquilo que provoca ese estímulo.

      1. Inicitación a cometer accións malas.

      2. Proba pola que Deus somete o home para exercitar a súa virtude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de teorizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Predominio, segundo a interpretación do crecemento económico en termos de evolución, do sector terciario como fase máis avanzada desta evolución. É consecuencia dun profundo cambio estrutural nas actividades produtivas e de consumo. Os servizos que engaden máis valor ao PIB son os relacionados coa actividade específica da industria, a innovación empresarial e a tecnoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corpo de infantaría creado por Filipe II o 27 de febreiro de 1566 e sostido economicamente pola provincia de Galicia. Integrado nas tropas do duque de Alba, participaron na Guerra de Flandres, nas batallas de Groeninhen e Geminghen. Posteriormente tomou parte nas campañas contra Enrique IV de Francia, e distinguiuse en Aumale (1592). No s XVII destacou en diversas campañas en Francia, Alemaña e Flandres. Foi trasladado á Península Ibérica en 1713 e estableceuse en Benavente. Desapareceu tras a reorganización do exército en rexementos e deu orixe ao rexemento de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexemento voluntario de infantaría de liña creado en Bos Aires o 17 de setembro de 1806 por Pedro Antonio Cerviño Núñez, director da Escuela Náutica, para defender a cidade dun ataque británico similar ao acontecido meses antes. Constaba de 600 homes distribuídos en 8 compañías de fusileiros de liña e unha de granadeiros lixeiros, 10 tambores, 1 pito ou pífano militar e, completando a fanfarra musical, as gaitas tomadas como trofeo de guerra ao 71º rexemento de Highlanders de Escocia. Tivo dúas bandeiras de seda branca: unha coronela coas Armas Reais nun lado e a cruz encarnada do Apóstolo Santiago, o seu patrón, no outro; e unha batallona co escudo do Reino de Galicia por un lado e o escudo de Bos Aires polo outro. Foi destinado á Banda Oriental de Uruguay, unha vez ocupada esta a comezos de 1807, pero non entrou en combate pola inmediata caída de Montevideo. O 2 de xullo de 1807 enfrontouse nos Corrales de Miserere ás tropas do xeneral J. Whitelocke e, despois da xornada do 5...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Perforación ou trepanación dun órgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do latín Terentius, nome dunha gens romana. De orixe incerta, xa o erudito Varrón, que tamén pertencía a esta gens, relacionábao co sabino téreno   ‘tenro, mol’ (voz afín ao latín tener ‘tenro’), pero probablemente se trata dunha etimoloxía popular. Outras hipóteses considérano un nome étnico: terentinus ‘da cidade de Tarento’, ou como ‘consagrado á deusa Terensis’, ou, finalmente, composto dun primeiro elemento terent- ‘vencedor’, paralelamente ao sánscrito tarád- ‘vencedor’, ben testemuñado na onomástica hindú.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo latino. Escribiu 6 comedias estreadas entre os anos 166 e 160 a C: Andria, A sogra (Hecyra I), O verdugo de si mesmo (Heautontimorumenos), O eunuco, Formión e Os irmáns. O seu teatro parte dos tipos dos seus antecesores, pero busca obter unha psicoloxía máis exacta, chea de realismo e delicadeza. Foi moi admirado en Francia, sobre todo por Diderot, que sinalou no seu teatro a presenza do drama burgués emocional e, en ocasións, case tráxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución da enerxía cinética dos neutróns, mediante un moderador, que ten lugar nunha reacción de fisión en cadea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de terminar ou de terminarse.

      1. Parte que constitúe o remate de algo.

      2. Derradeira parte dunha palabra, que constitúe o seu elemento flexivo ou determina a súa rima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capacidade dun ser vivo de manter a temperatura interna dentro duns límites de máxima e de mínima entre os que teñen lugar os procesos vitais. Non todos os animais se comportan igualmente ante variacións de temperatura. Mentres que os paxaros e os mamíferos manteñen constante a temperatura interna (son homeotermos), os outros animais teñen a temperatura interna igual á ambiental (son poiquilotermos). Os animais homeotermos teñen desenvolvidos unha serie de mecanismos para manter constante a temperatura, así, ao diminuír a temperatura, aumenta a vasoconstrición da pel, co que se reduce o arrefriamento corporal, diminúe a cantidade de auga no sangue cunha diminución da transpiración, acumulan graxa e aumentan o metabolismo. Ao aumentar a temperatura, hai vasodilatación cutánea, dilución do sangue e su­dación activa ou incremento da actividade respiratoria se os animais non teñen glándulas sudoríparas. Os mecanismos de termorregulación sométense a un dobre control, nervioso e hormonal. O centro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación formada en Arxentina en 1917, e dirixida por Francisco S. Martínez, integrada por emigrantes ourensáns, dos que algún xa militara no agrarismo. Os seus obxectivos coincidían cos das Irmandades da Fala, aínda que non se declararon especificamente nacionalistas, senón rexionalistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de terxiversar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno outeiro de Roma, situado á esquerda do río Tíber e preto da porta de San Paulo, que se foi formando, xa en época romana, polo amoreamento de testos ou anacos de obxectos de barro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de testificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de tetanizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento que se aplica aos fíos sintéticos de fiado continuo para darlles un maior volume ou unha maior extensibilidade. Polo feito de seren fiados por extrusión, os fíos sintéticos teñen os fiamentos rectos e totalmente paralelos, e rízanse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zona volcánica da illa de Lanzarote, situada na provincia de Las Palmas, Canarias. Constituída por 5.107 ha, foi declarada Parque Nacional en 1974. Comprende os termos municipais de Yaiza e Tinajo, en lugares onde foron habituais as erupcións volcánicas durante os ss XVII e XVIII. A zona inferior do parque, formada por lava solidificada, presenta unha superficie maioritariamente plana. O parque está atravesado pola Ruta de los Volcanes, camiño de 14 km que se inicia no denominado Islote de Hilario e que culmina nunha zona de cráteres. A vexetación pouco abundante está constituída fundamentalmente por toxos. A fauna tamén é escasa, con dominio dos réptiles, sobre todo o lagarto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de esterilización fraccionada intermitente que ten a vantaxe de non superar a temperatura de 100°C, o que evita que moitas moléculas orgánicas se alteren.

    VER O DETALLE DO TERMO