terciarización
terciarización
(
s
f
[ECON]
Predominio, segundo a interpretación do crecemento económico en termos de evolución, do sector terciario como fase máis avanzada desta evolución. É consecuencia dun profundo cambio estrutural nas actividades produtivas e de consumo. Os servizos que engaden máis valor ao PIB son os relacionados coa actividade específica da industria, a innovación empresarial e a tecnoloxía.