terciario -ria

terciario -ria

(< lat tertarĭu‘terceiro’)

  1. adx

    Que é terceiro en orde ou grao.

  2. adx

    Relativo ou pertencente ao Terciario.

  3. adx [QUÍM]
    1. Aplícase ao átomo de carbono que, nun composto orgánico, está unido a outros tres átomos de carbono.

    2. Aplícase ao grupo funcional que está unido a un carbono terciario.

    3. Aplícase á amina que ten un grupo -N unido a tres átomos de carbono diferentes.

  4. s m [RELIX]

    Membro dunha orde terceira.

Palabras veciñas

tercerola | terceto | Terciario | terciario -ria | terciarismo | terciarización | Tercio de Galicia