"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zhu Da.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Formado na Real Academia de San Fernando, seguiu as normas neoclásicas. Participou na construción do Arsenal do Ferrol desde 1771. Na cidade departamental traballou nas obras da Igrexa concatedral de San Xián.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Vello (? - 1527) Arquitecto. Mestre Maior da Catedral de León durante moitos anos. Atribúeselle a realización da Capela de Santiago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Mozo (León? 1498? - 1560?) Arquitecto. En activo desde 1516 ata 1560. Fillo de Juan de Badajoz o Vello, á súa morte foi mestre da Catedral de León, onde traballou con Juan de Juni e Guillén Doncel nas obras de imaxinería. O seu estilo é de estrutura gótica, pero con decoración renacentista. Na catedral leonesa dirixiu as obras do trascoro (1535-1538) e do claustro (1540). En 1534 realizou a librería de San Isidoro de León; en 1536 construíu a capela do Infante en San Pablo de Peñafiel; en 1547 interveu na construción do Mosteiro de San Pedro de Eslonza, cun claustro que superaba nas súas proporcións ao que realizara no Mosteiro de San Zoilo (Carrión de los Condes) en 1537; e en 1550 fixo os planos do claustro procesional ou claustro vello do Mosteiro de San Salvador de Celanova.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Afganistán, ao N do estado, que se interna cara ao Pamir e a China, polo corredor de Vākhān (47.403 km2; 521.000 h [estim 1982]). A capital é Feyzābād (9.600 h [estim 1982]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
País da alta Asia, que se estendía desde o Hindūkush ao Pamir, dividido en dúas grandes rexións polo alto curso do Amudarja: a meridional, actualmente comprendida na provincia do Badakhshān (Afganistán), e a setentrional, comprendida na República autónoma de Gorno-Badakhsān (Taxiquistán). De relevo esencialmente montañoso (altitudes de 5.859 m e 5.334 m), que se acentúa cara ao Pamir, está constituído por complexos glaciofluviais cunha forte erosión torrencial, que modifica a primitiva estrutura glacial. Os ríos pertencen á conca do Amudarja e o clima é continental extremado. O compoñente étnico da poboación inclúe os taxicos do Pamir, os uzbecos das chairas e os nómades kirguizos no Vākhān. Así mesmo, na súa maioría, de relixión musulmana. Os principais recursos económicos son a gandería, a agricultura de subsistencia e a minería, especialmente na área afgana, onde é tradicional a explotación do lapislázuli, o ferro, o ouro, a prata e os rubís. O principal núcleo...
-
-
Pel que ten o gando vacún por debaixo do pescozo.
-
Pel de ovella ou de carneiro, curtida con adobos vexetais, de moita flexibilidade e suavidade e relativamente delgada, que se emprega para forrar calzado, facer accesorios, e cando está máis acabada e tinguida, en encadernación e traballos de coiro fino.
-
Aleta ventral ou pectoral dos peixes.
-
-
-
Individuo que non coida o seu aseo persoal ou o seu xeito de vestir.
-
Persoa que non ten criterio propio ou que acusa falta de personalidade ou carácter.
-
Persoa que non ten vontade nin disposición para traballar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pensador hindú, considerado o fundador da escola filosófica Vedānta; non se sabe con certeza cándo viviu, probablemente entre os ss VI a C e III d C. É autor do Brahmasūtra ou Vedānta-sūtra, obra fundamental desta escola de pensamento.
-
PERSOEIRO
Lingüista. Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Barcelona, no ano 1948 chegou a catedrático de Gramática Histórica da Lingua Española na Universidade de Barcelona e en 1977 a catedrático de Gramática Histórica Catalana. Foi reitor da Universidade de Barcelona (1978-1986). Desde 1987 foi o responsable do equipo catalán de PatRom (Patronímica Románica), dicionario histórico das liñaxes románicas. Desde 1989 presidiu a Sección Filolóxica do Instituto de Estudios Cataláns e foi presidente de honra da Société de Linguistique Romaine. A súa investigación no campo da lingüística histórica, sobre todo catalá, está dentro da tradición de Ramón Menéndez Pidal: tratou temas morfolóxicos, sintácticos, fonéticos, semánticos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena árbore perenne, de follas alternas, carentes de estípulas e con flores hermafroditas, probablemente orixinaria da China. Os seus froitos, de carpelos agrupados en estrela, constitúen o anís estrelado usado como aromatizante. Cultívase no SL de Asia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Al Hamadānī.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filme producido en EE UU no ano 1974 e dirixido por Terence Malik. Foi interpretado por Martin Sheen, Sissy Spacek, Warren Oates e Ramón Bieri, entre outros actores. Foi premiado coa Concha de Oro no Festival de cine de San Sebastián á mellor película e á mellor interpretación masculina en 1974. Kit, un dos protagonistas principais, leva unha vida problemática ata que coñece a Holly e con ela tenta refacer a súa vida. O asasinato do pai da moza, que se opuña á relación, obrígaos a emprender unha fuxida destinada ao fracaso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paisaxe degradada, de escasa vexetación. Caracterízase por presentar formas de relevo escavadas sobre unha litoloxía arxilosa debido ao encaixe dunha rede de barrancos estreitos, profundos e próximos, separados por cristas máis ou menos agudas. Son propios das zonas de clima semiárido de chuvias intensas e repentinas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘falador’.
-
PERSOEIRO
Escritor, iniciador da literatura chechena. Destacou como autor de novelas e contos como: A fame (1930), onde ataca os principios feudais da relixión, e O departamento político (1930), contra a burocracia. Cultivou tamén o teatro e a poesía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Investigou sobre materiais fotográficos e inventou o papel velox. Tamén sintetizou o primeiro plástico coñecido, a baquelita, que leva este nome na súa honra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cancioneiro de Baena.
-
PERSOEIRO
Poeta, coñecido por ter compilado, ao redor de 1455, o Cancioneiro de Baena, dirixido a Xoán II de Castela, onde incluíu algunha composición propia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantautora folk norteamericana, de nai escocesa e pai mexicano. Adquiriu fama no Newport Folk Festival de 1959 con baladas que incluían elementos do folclore negro estadounidense e que estaban comprometidas coas causas da non violencia e da paz mundial. A súa participación en mobilizacións en favor dos dereitos humanos xunto a Martin Luther King e en contra da Guerra do Vietnam supuxéronlle dous anos de prisión durante o mandato de Nixon. Entre os seus maiores éxitos están temas como: Kumbayá, The ballade of Sacco and Vanzetti, etc. Publicou varias coleccións de poemas e unha autobiografía.
VER O DETALLE DO TERMO