"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

  • GALICIA

    Arquitecto. Estudiou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. Entre 1932 e 1965 foi arquitecto municipal de Santiago de Compostela. Interveu na ordenación urbanística da cidade compostelá como nos xardíns da Alameda e na rúa San Francisco. A súa proposta arquitectónica participa do Racionalismo, sobre todo na concepción da planta dos seus edificios (nº 14 da rúa Doutor Teixeiro de Santiago, 1945). Tamén interveu no patrimonio histórico santiagués, adiantando propostas que despois tiveron certa continuidade (nº 11 da rúa do Vilar).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político boliviano. Ministro de Educación e Cultura (1964-1966) no goberno de René Barrientos e director do Colexio Militar (1969-1971). En 1971 derrocou, nun golpe de estado, a Juan José Torres e accedeu á presidencia da República (1971-1978). Gobernou ditatorialmente co apoio do Movimiento Nacionalista Revolucionario (MNR), da Falange Socialista e dos EE UU, Brasil e Chile. En 1978 foi derrocado por un golpe militar. Fundou o seu propio partido en 1979, e nas eleccións de 1985 e 1989 obtivo a maioría relativa pero non acadou a presidencia. Participou en coalicións de goberno co MNR de Víctor Paz Estenssoro (1985-1988) e co Movimiento de la Izquierda Revolucionaria (MIR) de Jaime Paz Zamora. Nas eleccións de 1997 foi elixido Presidente da República.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Foi colaborador dos xornais El Pueblo Gallego, Diario de Pontevedra, Faro de Vigo e La Raza, e director das revistas Hebe e Alborada. Defendeu a orixe pontevedresa de Cristovo Colón, expoñendo as súas teorías en distintos artigos e traballos. Foi membro titular do Instituto de Cultura Hispánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas bienais ou perennes da familia das brasicáceas, de follas brillantes e anguladas, de flores amarelas e froito en silicua. Son herbas propias de ambientes húmidos. En Galicia pódense atopar dúas especies amplamente distribuídas por todo o país: B. intermedia e B. vulgaris, coñecida como herba de santa Bárbara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe que dá nome a unha serie de historietas ilustradas francesas con texto e debuxos de Jean-Claude Forest.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • iño italiano fino e sutil, procedente do Piemonte, elaborado coa prestixiosa variedade de uva Nebbiolo. Con tres anos de avellentamento recibe a denominación de Riserva e con catro a de Riserva Speciale.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor titular de Literatura Inglesa na Universidade de Santiago, doutor en Filoloxía Inglesa e licenciado en Filosofía e Letras. Ademais de exercer a súa actividade docente escribiu: Aplicación de un método dinámico a siete poemas de amor de Auden, In mortal Shakespeare. Radical readines, Paradise lost: The Word, the words, the world, Individuo, orden y mundo moderno, e Arte, sociedad y pensamiento en ‘The nonnes preestes tale’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina inglesa de orixe sudafricana. Comezou a bailar co Royal Ballet no 1965 e dende o 1970 foi a bailarina estrela. É unha intérprete exquisita do repertorio romántico, pero tamén demostrou a súa competencia no repertorio moderno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario hostaleiro. É técnico superior en Relacións Públicas. Foi vicepresidente da Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia (CEHOSGA), fundador e presidente da Asociación de Empresarios de Hospedaje de la Provincia de Pontevedra (ASEHOSPO) e membro da xunta directiva da Federación Española de Hoteles (HAI). Escribiu diversos artigos vinculados ao mundo do turismo nas revistas Informe Gallego e El Pueblo Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Circunscrición administrativa establecida por unha lei de 1968 para facilitar a programación do territorio que se prevía que sería afectado polo crecemento de Barcelona. Esta delimitación, sen embargo, quedou sen efecto a nivel práctico. Actualmente se identifica coa área metropolitana de Barcelona o ámbito de actuación que foi definido no Plan Comarcal do 1953.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista galego, conde de Torre-Cedeira. Estudiou peritaxe mercantil na Escola de Comercio de Ourense e na de Vigo, onde en 1970 obtivo o título de profesor mercantil. Xunto con Francisco Bernis principiou, en 1972, os censos de aves acuáticas en Galicia. No mesmo ano promoveu e presidiu a Asociación de Amigos de los Pazos. En 1974, da man de Jose Antonio Valverde, iniciou os estudios do lobo e en 1975 realizou o primeiro censo desta especie na Península Ibérica. En 1976 entrou a formar parte do equipo investigador do laboratorio de Parasitoloxía da Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela onde dirixiu no 1991 o Estudio da incidencia de determinadas parasitoses animais en Galicia a través do lobo e en 1994 o Estudio do coello en Galicia: Analise dos factores bioecolóxicos incidentes nas poboacións silvestres. En 1995 participou na organización do IV Congreso Ibérico de Parasitoloxía e en 1998 na do Euro-Americam Mammal Congress celebrado en Santiago de Compostela....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico norteamericano. Imprimiu ás súas películas, especialmente os seus westerns, humor, vigor e acción que conxuga co suspense. Como tantos outros rematou a súa carreira na televisión. Dirixiu, entre outras películas, Smart girls don´t talk (As pequenas mulleres non falan, 1948), The house across the street (A casa sobre a rúa, 1950), Prisoners of the Casbah (Prisioneiros da Casbah, 1953), Girl on the run (Mulleres fugadas, 1958) e Wicked, Wicked (Malvado, malvado, 1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade romana situada en Villaricos (Cuevas de Almanzora, Almería). Factoría púnica dende o s V a C, acadou unha grande importancia económica na época romana. Perdurou ata a dominación sarracena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor de formación autodidacta. Exiliado en Inglaterra, comezou a súa andaina literaria con Valor y miedo (1938). Entre outras obras, destacan os ensaios Lorca, el poeta y su pueblo (1945) e Unamuno (1952); a novela La raíz rota (1953) e El centro de la pista, publicado postumamente en 1960. A súa triloxía La forja de un rebelde (1951), composta por La forja, La ruta e La llama, está considerada a súa obra máis importante. Escrita en primeira persoa, trata dende o Madrid da adolescencia do autor ata os anos da guerra e do exilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baiona baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anuario que apareceu en Santa María de Baredo (Pontevedra) no ano 1970. Esta publicación ía dirixida aos emigrantes desta vila que residían na Arxentina e Uruguai, coa intención de relatarlles as novas e os feitos máis notables ocorridos nesta parroquia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Uttar Pradesh, India, na beira do Ramganga (590.661 h [1991]). Foi fundada no 1537. Ocupada polos británicos en 1801, converteuse no período colonial en encrucillada dos ferrocarrís do L da India.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Monforte de Lemos. As súas armas levan, en campo de azul, unha vaca de cor clara.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Táboa de datos numéricos, que soe ser resultado doutras táboas, empregada para a valoración de procesos dificilmente cuantificables ou dunha cuantificación non aditiva.

    2. Escala de criterios para a puntuación dun concurso ou dunha oposición.

    VER O DETALLE DO TERMO