"AVI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 908.

  • PERSOEIRO

    Xurisconsulto romano. Divulgou o texto das Legis actiones e publicou no foro o calendario dos días de administración de xustiza ou dies fasti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que ten a súa orixe no xentilicio latino Flavius, e este á súa vez procede do cognome Flavus, que se aplicaba ás persoas louras. A esta gens pertenceron os emperadores Vespasiano, Tito e Domiciano (69-96), amais de Cneo Flavio, liberto de Appio Claudio o Cego. Pode tratarse dun nome de orixe topónimica, ao remontarse á antiga vila romana Iria Flavia. No santoral aparecen santa Flavia, virxe romana martirizada en Mesina (543), e Flavia Domitila, virxe e mártir executada en Roma coas súas escravas. A súa festividade celébrase o 5 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do pobo prerromano dos paesici. Identificouse sen moita seguridade coa actual Santianes de Pravia (Asturias).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Chieti, nos Abruzos, Italia, situada na costa do Mar Adriático, ao SL de Pescara (23.733 h [2001]). É un centro pesqueiro e turístico que conta cunha estación balnearia. Do seu patrimonio cultural destacan os restos do núcleo medieval e o convento dominicano, recontruído en 1948.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Misioneiro xesuíta. Marchou a París para estudar na Sorbonne (1525), onde obtivo o grao de licenciado (1528) e coñeceu a santo Ignacio de Loiola. Converteuse nun dos seus primeiros seguidores. Ordenado sacerdote en Venecia (1537), participou na fundación da Compañía de Xesús e colaborou na redacción das súas Constitucións. Dedicouse ás obras de caridade en varias cidades de Italia e foi enviado a Oriente (1541). Trala súa chegada a Goa (1542), dedicouse á evanxelización do S da India, Ceilán e Malaca. En agosto de 1549 trasladouse a Kagoshima, no Xapón, onde continuou o seu labor e, despois de volver á India (1551), emprendeu viaxe cara a China. Foi canonizado por Gregorio XV (1622). Na iconografía viste co hábito dos xesuítas, e leva ás veces a esclavina dos peregrinos e o bordón na man; como atributos, unha cruz nunha man ou un cangrexo. A súa festividade celébrase o 3 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Realizou estudios de xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Colaboradora en distintas publicacións, escribiu o volume de relatos Historias de Edel (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escritor e profesor. Diplomado en Maxisterio, licenciado en Filoloxía Inglesa e Filoloxía Románica pola Universidad Complutense. Profesor de ensino primario, secundario e de universidade, colaborou en distintas publicacións como Madrygal, Dorna, A Freita e Casa da Gramática e foi director de O Espello, suplemento literario de A Freita, de Castelo das Letras, coordinador de O Roibén, director académico de Ianua e codirector de Agora ou Nunca. Autor de literatura xuvenil e infantil e de obras de investigación, da súa produción destaca O xabaril que quería engalar (1991), Les esperances d’Abu el-Hol (1993), Te cuento lo que quieras (1993), Lucía (1994), A luva máxica (1994), Chuvanet o gnomo aprendiz de tenor (1994), El nome de la cosa (1997), Azul e terra (2000), Canto de Nedara (2001), Notes de lingüística asturlleonesa (2001), Introdución a la pragmática (2001), El gallego exterior a las fronteras administrativas (2001),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Eminentemente paisaxista, as súas visións, idealizadas e sempre inquietamente plácidas, presentan a miúdo silenciosos personaxes que contemplan a inmensidade dos horizontes. A súa técnica, de acordo coa escola romántica alemana, é de pincelada minuciosa e factura tradicional. Da súa produción destaca Dolmen na neve (1807), Cruz nas montañas (1807-1808), Acantilados brancos da illa de Rügen (1818), Dous homes contemplando a lúa (1819) e Saída da lúa sobre o mar (1822).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciado en Dereito, foi alcalde do seu concello e deputado do PSOE no Congreso por Pontevedra na VI lexislatura (1996-2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xavier González Cuervo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Patrón de embarcacións a vela. Participou nos Xogos Olímpicos de Los Angeles 1984. Participou na regata volta ao mundo. Entre as distincións coas que foi galardoado, destaca a Medalla de Prata de Galicia (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e actor. Formouse no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Na súa pintura destaca o tratamento da luz e da cor. Realiza paisaxes, bodegóns e flores, sen esquecer a figura humana. Membro do grupo teatral El Pequeño Zoo, realizou escenografías para diversos grupos. En 1985 elaborou para o Centro Dramático Galego o vestiario e a decoración da peza teatral Os vellos non deben de namorarse, de Castelao. Realizou a súa primeira mostra individual en Ferrol (1970) e dende entón expuxo en distintas cidades como A Coruña, Santiago de Compostela, Madrid e Vitoria. Recibiu o Premio de Pintura no XXX Certamen de Arte de Vitoria (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Membro da orde dos claretianos, formouse en matemáticas e física en Múnic. Profesor das universidades de Santiago de Compostela e Barcelona, exiliouse trala Guerra Civil en París, Quito (1938-1942) e México (1942-1946), onde colaborou con José Gaos e outros intelectuais españois. Fixou a súa residencia en Caracas, onde foi membro do Instituto Pedagóxico (1946-1959), profesor na universidade e director do Instituto de Filosofía (1959-1971). Nos seus estudios abordou a análise das filosofías de interpretación e reinterpretación do universo e as de transformación do universo e apostou por unha reelaboración heterodoxa do marxismo. Consideraba que á filosofía se lle debían os modelos da física e a matemática contemporáneas, así como os da poesía e a música. Das súas obras destacan Introdución a la lógica moderna (1936), Siete modelos filósofos (1950), Antropología filosófica contemporánea (1957), Filosofía y teoría de la relatividad (1978) e Qué es Dios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Xefe de relacións institucionais do Grupo Correo Gallego. Foi delegado de Faro de Vigo en Santiago de Compostela, redactor xefe de Radio Noroeste, xefe de prensa da Caja de Ahorros de Santiago, xefe de prensa da Consellería de Sanidade, director da cadea COPE en Santiago de Compostela e A Coruña, director rexional de Radio España en Galicia e coordinador en Galicia da Federación Nacional de Asociaciones de Radio y Televisión. Escribiu La radio: un medio de comunicación rural y urbano, La radio del cambio, Los mass media como soporte de produtos e La radio que viene, un nuevo siglo. Obtivo o premio de xornalismo de FEXDEGA e o Premio Minerva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Dende 1984 forma equipo con Salvador Fraga Rivas e Manuel Portolés Sanjuán, cos que realizou, entre outras obras, a remodelación do Auditorio ao aire libre do Parque de Castrelos de Vigo (1997), a xerencia de urbanismo do concello de Vigo (1997) e a remodelación arquitectónica do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) (1998-2002). Entre outros galardóns, recibiu o Premio Joseph Lluís Sert polas actuacións no litoral da ría de Vigo (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Pertencente ao Bloomsbury Group, publicou, entre outras obras, A Man in the Zoo (1924), The Sailor’s Return (1925), A Rabbit in the Air (1932) e A Shot in the Dark (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e dramaturgo británico. Seguiu a corrente realista da interpretación. Destacou o seu traballo cos personaxes de Shakespeare, autor que contribuíu a recuperar, organizando en 1769 en Stratford-upon-Avon un festival para celebrar o xubileu do dramaturgo inglés. Desde 1747 foi empresario e primeiro actor no Covent Garden e despois no Drury Lane, desde onde puxo en marcha unha fonda reforma da escena londinense que afectou á simplificación da posta en escena, á mellora da iluminación ou á ruptura cunha interpretación ampulosa e afectada. As súas obras (arredor de corenta) son sobre todo adaptacións. Con George Colman escribiu The Clandestine Marriage (1766), convertida en ópera por Cimarosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo canadense. Profesor de filosofía na University of Pittsburgh, centrou os seus estudios nas relacións entre razón e moralidade. Afirmou que a moralidade se basea no propio interese a longo prazo de cada individuo. Das súas obras destacan The logic of Leviathan: the moral and political theory of Thomas Hobbes (1969) e Morals by Agreement (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de dous cumios da serra do Eixe, de 1.408 e 1.402 m de altitude, na parroquia de Candeda, concello de Carballeda de Valdeorras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Réptil da orde dos crocodilianos que alcanza os 7 m, co morro moi estreito e dilatado no extremo (nos adultos este extremo fai tres veces e media a anchura da base) e o corpo con escudos nocais e dorsais que forman unha coiraza. Vive nos ríos da India e de Birmania e aliméntase dunha gran cantidade de peixes. Se ben non son perigosos, mátanse debido á desfeita que producen na poboación piscícola.

    VER O DETALLE DO TERMO