García Bacca, Juan David
Filósofo. Membro da orde dos claretianos, formouse en matemáticas e física en Múnic. Profesor das universidades de Santiago de Compostela e Barcelona, exiliouse trala Guerra Civil en París, Quito (1938-1942) e México (1942-1946), onde colaborou con José Gaos e outros intelectuais españois. Fixou a súa residencia en Caracas, onde foi membro do Instituto Pedagóxico (1946-1959), profesor na universidade e director do Instituto de Filosofía (1959-1971). Nos seus estudios abordou a análise das filosofías de interpretación e reinterpretación do universo e as de transformación do universo e apostou por unha reelaboración heterodoxa do marxismo. Consideraba que á filosofía se lle debían os modelos da física e a matemática contemporáneas, así como os da poesía e a música. Das súas obras destacan Introdución a la lógica moderna (1936), Siete modelos filósofos (1950), Antropología filosófica contemporánea (1957), Filosofía y teoría de la relatividad (1978) e Qué es Dios y Quién es Dios (1986).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Pamplona -
Deceso
Lugar : Quito